Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: nuria_díaz

Mulleres que romperon barreiras de xénero noutros tempos. «Pioneiras» e «Pioneiras 2», de Anaír Rodríguez. Noticia no Telexornal Galicia de RTVE

O Telexornal – Galicia, de RTVE, emitiu unha entrevista con Anaír Rodríguez e Abi Castillo, autora e ilustradora, respectivamente, do libro Pioneiras 2. A noticia pode verse nesta ligazón.

Anaír Rodríguez: «Temos moitas débedas pendentes e unha é a recuperación da memoria histórica das mulleres.» Entrevista en «La Voz de Galicia» sobre «Pioneiras. Galegas que abriron camiño»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Ana Abelenda a Anaír Rodríguez, autora da obra infantil Pioneiras. Galegas que abriron camiño, ilustrado por Nuria Díaz. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Hai que aproveitar esta nova vaga do feminismo para transformar os cambios formais en cambios reais.» Presentación en Vigo de «Pioneiras. Galegas que abriron camiño»

O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre a presentación de Pioneiras. Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz, no Club Faro de Vigo. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A exposición “Pioneiras. Galegas que abriron camiño” no Salón do Libro de Pontevedra

O Salón do Libro de Pontevedra, que na súa décimo novena edición leva por título Mulleres de Conto, acolle a exposición «Pioneiras. Galegas que abriron camiño». Pioneiras no Salón do Libro de Pontevedra 2018 A mostra está baseada no álbum Pioneiras.

Reparar unha situación de profunda desigualdade: «Pioneiras», de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz. Crítica de Erín López Velasco

A web A Movida publicou unha recensión de Erín López Velasco sobre o álbum ilustrado Pioneiras, Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz.   Lectura clave: «Pioneiras galegas que abriron camiños» As vacacións son un bo momento para dedicar tempo a lectura.

Voces feminas silenciadas. Recomendado para todas as idades: «Pioneiras», de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión sobre o álbum Pioneiras, Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz. Pioneiras, galegas que abriron camiño Aínda sorprende saber que as nenas ao chegar aos seis anos se cren menos brillantes que os nenos.

«Pioneiras», de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz, en Cada día un libro, da TVG

 O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo o álbum ilustrado Pioneiras, Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz. O programa pode verse nesta ligazón.

Anaír Rodríguez: «O feito de invisibilizar os referentes feminios trae consecuencias sociais graves»

 O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista a Anaír Rodríguez Rodríguez e Nuria Díaz sobre o álbum ilustrado, Pioneiras, Galegas que abriron camiño.  A entrevista pode verse nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Pioneiras. Galegas que abriron camiño” de Anaír Rodríguez

O martes 20 de marzo, ás 19:00 horas, no Centro de Documentación e Recursos Feministas, Concellería de Igualdade, Biblioteca Pública de Vigo “Juan Compañel”, rúa Joaquín Yañez, 6-2º, Vigo,  terá lugar a presentación do libro Pioneiras. Galegas que abriron camiño de Anaír Rodríguez e ilustrado por Nuria Díaz. Participarán Anaír Rodríguez e Celia Torres.

Lecturas en femenino. Sementar a igualdade de xénero: «Pioneiras», de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz. Anotación de Carmen Forján

O blog Carmen y amig@s publicou unha anotación sobre o álbum ilustrado Pioneiras, Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz.   Lecturas en femenino.

Ecos de biografías, soñadas ou tecidas, que as mulleres da nosa tribo padeceron: «Pioneiras», de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre o álbum Pioneiras, Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz.   E fano elas As liñas que seguen non pretender recensionar nada. Soamente facer unha pequena cala nun libro que, en formato álbum, veñen de poñer nos andeis das nosas librerías Anaír Rodríguez e NuriaDíaz.

Presentación na Coruña de “Pioneiras” de Anaír Rodríguez

O mércores 7 de marzo, 2018, ás 19,30 horas, na librería Lume, rúa Fernando Macías, 3, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Pioneiras. Galegas que abriron camiño de Anaír Rodríguez e ilustrado por Nuria Díaz. No acto participarán Manuel Bragado e Anaír Rodríguez.