Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: nus

Crónicas burguesas: «Nus», de Manuel Gago. Crítica no blog «O Funambulista Coxo»

O blog O Funambulista Coxo publicou unha anotación sobre o libro: Nus, de Manuel Gago, publicado por Xerais na colección: Narrativa.   Crónicas burguesas   As novelas As mellores tendas de Madrid (Xerais, 2021), de Manuel Veiga, Un señor elegante (Xerais, 2020), de Suso de Toro, e esta Nus (Xerais, 2021), de Manuel Gago, que me propoño comentar, teñen, ademais do feito de compartiren editora, algo en común.

«Nus», de Manuel Gago, entre as novidades que chegan dende Barbanza recomendadas polo xornal «La Voz de Carballo»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha anotación sobre o libro: Nus, de Manuel Gago, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Dous bañistas sen ningún pudor téxtil: «Nus», de Manuel Gago. Artigo de Santiago Jaureguizar

Santiago Jaureguizar publicou no suplemento Táboa Redonda, dos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra, un artigo sobre o libro:  Nus, de Manuel Gago, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Sinaturas na Feira do Libro de Compostela 2021

Do 8 ao 17 de maio, no Paseo Central da Alameda de Compostela, terá lugar a Feira do Libro de Santiago 2021 Día 8 de maio,  sábado 18:00 h.: Yolanda Castaño asinará exemplares de Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias Día 9 de maio,  domingo 19:00 h.: Carlos Negro asinará exemplares de Non cantan paxaros neste bosque 20:00 h.: Manuel Gago asinará exemplares de Nus Día 11 de maio,  martes 20:00 h.

O retrato dun tempo e dun xeito de vivir que loita contra unha moralidade desfasada: «Nus», de Manuel Gago. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre o libro Nus, de Manuel Gago, publicado por Xerais na colección Narrativa. Manuel Gago, «Nus» O novo traballo de Manuel Gago ficciona unha realidade que moitos dos veteráns lembrarán cun sorriso nos beizos, a loita que se desenvolveu a principio dos anos 80 a favor do nudismo nas praias galegas.

«Nus», de Manuel Gago e «A afogada», de Rocío Leira, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros do mes de abril

Nus, de Manuel Gago, e A afogada, de Rocío Leira, figuran entre os libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de abril de 2021.

Manuel Gago: «Sinto que o que hoxe é Galiza decidiuse nos 80». Entrevista no xornal «Nós Diario» sobre: «Nus»

  O xornal Nós Diario publicou unha entrevista de Ana Triñáns ao xornalista e escritor Manuel Gago sobre o libro: Nus, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Manuel Gago: «A novela retrata un escándalo da época e revela un segredo que poucos coñecen». Entrevista no «Galicia por Diante» sobre: «Nus»

O programa Galicia por Diante, da Radio Galega, emitiu unha entrevista co escritor Manuel Gago sobre o libro: Nus, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Nus», de Manuel Gago: Un retrato irónico da Galicia dos anos 80 a través das aventuras sexuais dun crápula tan cínico como tenro

Nus, de Manuel Gago, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Na madurez, Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do país, mantén unha dobre vida na intimidade da súa memoria. Lembra a diario as súas primeiras veces e habita sen descanso a pasada mocidade: o sexo, as grandes mentiras familiares, os trens que se foron perdendo.

Manuel Gago: «Nesta novela conto a historia do `coirismo´, un movemento que reivindicaba o dereito a ir espidos en Galiza». Entrevista no «Galicia por Diante» sobre: «Nus»

O programa Galicia por Diante, da Radio Galega, emitiu unha entrevista co escritor Manuel Gago sobre o libro: Nus, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Manuel Gago: O novelista que converte en ficción a polémica nudista de Baroña de 1983. Entrevista no xornal «La Voz de Galicia» sobre «Nus»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha entrevista de M. X. Blanco ao escritor Manuel Gago sobre o libro: Nus, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro estará nas librarías en marzo deste ano 2021. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.