Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_cabo_do_mundo

A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

#envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

Os autores galegos están de moda. Noticia no xornal La Voz de Carballo

O xornal La Voz de Carballo, de La Voz de Galicia, publicou unha noticia dedicada aos autores galegos na que da conta de dous libros publicados por Xerais: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas e O Cabo do mundo, de Xabier Quiroga -4ª Edición – Premio da Crítica, 2010-. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

A Ribeira Sacra, espazo literario de autores como Dolores Redondo e Xabier Quiroga. Artigo de Manuel Bragado en Faro de Vigo

O editor Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no Faro de Vigo un artigo, que tamén recolle no seu blog, sobre a Ribeira Sacra literaria, escenario de diversas novelas do escritor Xabier Quiroga e da recentemente publicada novela Todo isto che darei de Dolores Redondo.

Un lector recomendou «O Cabo do Mundo», de Xabier Quiroga, para o proxecto Kuentalibros

Víítortor, un lector, recomendou O Cabo do Mundo, de Xabier Quiroga, para o proxecto Kuentalibros. O Cabo do Mundo Vítor desde Galicia, nos recomienda este interesante texto de Xabier Quiroga «Que farías se non che quedase nada de vida?» Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal.

Entrevista con Xabier Quiroga: «A novela ‘O Cabo do Mundo’ conta feitos tremendos e crueis»

As páxinas da Ribeira Sacra do xornal lugués El Progreso publicaron o pasado venres unha longa entrevista con Xabier Quiroga, asinada por Ana Rodil. Nela, o autor de O Cabo do Mundo dá conta do seu oficio de escribir, repasa a súa obra narrativa, e rememora as súas afeccións e dedicacións deportivas.

Boa acollida para as últimas novidades de Narrativa de Xerais, que entran na súa 2ª edición

As últimas novidades publicadas por Xerais en Narrativa están tendo unha boa acollida por parte dos lectores e lectoras e, de feito, entraron xa na súa segunda edición as novelas Denso recendo a salgado, de Manuel Portas; O Cabo do Mundo, de Xabier Quiroga; e Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras; así como o libro de relatos Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz.

Crítica de Estévez-Saá sobre «O Cabo do Mundo», de Xabier Quiroga

José Manuel Estévez-Saá publicou onte en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre O Cabo do Mundo, de Xabier Quiroga, libro que foi Premio da Crítica 2010.

Xerais na Feira do Libro de Monforte

Xerais prepara o programa dos actos que realizará na Feira do Libro de Monforte de Lemos, que terá lugar do 25 ao 28 de agosto na rúa do Cardeal. O xoves 26 de agosto, ás 19:00 horas Ricardo Gurriarán presentará Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela 1939-1968.

«O Cabo do Mundo» de Xabier Quiroga, Premio da Crítica 2010

Segundo lemos no blog de Xosé Manuel Eyré, a novela de Xabier Quiroga O Cabo do Mundo foi merecedora do Premio da Crítica 2010 no eido da Narrativa en lingua galega.

«O Cabo do Mundo», presentación o sábado no Saviñao

O vindeiro sábado, 6 de marzo, ás 20:00 horas presentarase nas instalacións do Círculo Saviñao (rúa Pardo Bazán 17 de Escairón) O Cabo do Mundo, a cuarta novela de Xabier Quiroga. No acto acompañarán ao autor Enrique Sampil e Manuel Bragado.

«O Cabo do Mundo», crítica de Manuel Rodríguez Alonso

A MEMORIA QUE NON CESA Dentro da novela galega contemporánea podemos establecer un subxénero que foi definido hai pouco de forma certeira polo profesor estadounidense John Thomson como novelas da memoria, é dicir, novelas que tentan reconstruír a sublevación franquista e a represión que orixinou, mais que non quedan na pura análise da sublevación do 36, senón que se mergullan tamén nos anos da República e na análise dos core