Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_can_gastón_anda_tristeiro

Un libro para ver e manipular: «O can Gastón anda tristeiro», de Pablo Rosendo. Crítica de Paula Fernández

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Paula Fernández sobre o álbum O can Gastón anda tristeiro, escrito e ilustrado por Pablo Rosendo. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Medos, animais en verso e cans tristeiros nos novos álbums de Xerais. Anotación de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre os novos álbums ilustrados de Xerais: Coller as rendas de Yolanda Castaño e Xosé Tomás, O can Gastón anda tristeiro, de Pablo Rosendo e Augusta e os seus medos, de Sabela Fernández Trelles e Alicia Suárez Otero.

A amizade entre un cadeliño e un neno: «O can Gastón anda tristeiro», de Pablo Rosendo. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum ilustrado O can Gastón anda tristeiro, escrito e ilustrado por Pablo Rosendo.   O can Gastón anda tristeiro Outra novidade da editorial Xerais na súa colección Merliño é este O can Gastón anda tristeiro de Pablo Rosendo.

A historia dun can que perdeu a alegría: «O can Gastón anda tristeiro», de Pablo Rosendo

O xornal La Voz de Galicia publicou unha información de Meira Paz sobre Pablo Rosendo e o álbum ilustrado que acaba de publicar na colección Merliño de Xerais: O can Gastón anda tristeiro.

Novidade: «O can Gastón anda tristeiro», de Pablo Rosendo, un álbum para primeiros lectores

O can Gastón anda tristeiro, escrito e ilustrado por Pablo Rosendo, é unha novidade da colección Merliño. Gastón é un can tristeiro. O seu dono Antón paséao, cepíllao, dálle mecos e con el enreda. A xente mírao, acaríñao e gábao… A outros cans gústalles… pero a Gastón nada o aleda.