Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_cidadán_do_mes

Diego Ameixeiras: «A novela negra debe estar atenta ao que sucede nas nosas rúas»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez ao escritor Diego Ameixeiras.     Diego Ameixeiras: «A novela negra debe estar atenta ao que sucede nas nosas rúas» Diego Ameixeiras (Lausana-Suíza, 1976) é posibelmente un dos maiores representantes actuais da nosa novela negra dado que practicamente toda a súa narrativa xira ao redor desta temática.

«Aquí vai haber sangue…» Dez anos de traxectoria literaria de Diego Ameixeiras. Por Elisa Gil

Elisa Gil publicou en La Región un artigo sobre a traxectoria literaria de Diego Ameixeiras.     Aquí vai haber sangue Repasamos os dez anos de traxectoria literaria de Diego Ameixeiras A primeira vez que lin as andanzas do detective Horacio Dopico non puiden evitar procuralo polas rúas do Couto. Imaxinábao compartindo cervexas con algún confidente no Auriense ou fumando apoiado na porta no desaparecido Rock Club.

«Asasinato no Consello Nacional» e o resto das novelas de Ameixeiras, entradas da «Wikipedia»

A edición de Asasinato no Consello Nacional, a quinta novela de Diego Ameixeiras continúa achegando boas novas e múltiples sorpresas.

«Diego Ameixeiras, unha mirada diferente na novela galega»

O pasado domingo, 10 de xaneiro, José Miguel A. Giráldez publica no suplemento dominicial de El Correo Gallego unha entrevista longa con Diego Ameixeiras, con motivo da publicación de Dime algo sucio.

«”Dime algo sucio”: axexados polo veciño», crítica de Sandra Faginas

AMEIXEIRAS VÉN DE PUBLICAR UNHA HISTORIA DE VIOLENCIA E INTRIGA DE VIDAS CRUZADAS QUE BEBE DAS NOVELAS POLICIAIS DE QUIOSCO Sempre persoal, a mirada de Diego Ameixeiras (Lausanne, 1976) tenos afeitos nesta curta e destacada carreira literaria a disparos acertados en forma de obras tan distintas como as primeiras Baixo mínimos (2004) e O cidadán do mes (2006), co detective Horacio Dopico como protagonista, e Tres segundos de memoria (

Diego Ameixeiras entrevistado por «El País»

Óscar Iglesias publica nas páxinas de «Luces» de El País Galicia unha entrevista a Diego Ameixeiras con motivo da aparición da súa novela Dime algo sucio. Na entrevista Ameixeiras di, entre outras cousas, que  «as novelas de Horacio Dopico [Baixo mínimos e O cidadán do mes] son historias pulp, un xogo literario no que tentei homenaxear o hard boiled mediante a parodia.