Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_club_da_calceta

Cando as protagonistas que tecen fíos de consciencia: «O club da calceta», de María Reimóndez. Opinión crítica de Malores Villanueva

O programa Chamando á terrra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Malores Villanueva sobre a novela O club da calceta, de María Reimóndez. A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón.

A novela «O club da calceta», de María Reimóndez, rompe o teito dos dez mil exemplares vendidos

A web Letra en Obras publicou unha información sobre a novela O club da calceta, de María Reimóndez.   A novela «O club da calceta», de María Reimóndez, rompe o teito dos dez mil exemplares vendidos Edicións Xerais anunciou a chegada ás librarías galegas da undécima edición da novela O club da calceta, de María Reimóndez. O libro, que se publicou por vez primeira no ano 2006, xa superou os 10.

María Reimóndez, Manuel Rivas e Agustín Fernández Paz, finalistas de Xerais nos Premios Mondoñedo 10 (modalidade Narrativa)

O escritor Agustín Fernández Paz coa novela Non hai noite tan longa, a escritora  María Reimóndez con O club da calceta e Manuel Rivas con Os libros arden mal son as tres novelas finalistas de Xerais, dun total de seis, dos Premios Mondoñedo 10 na modalidade de Narrativa.

A investigadora Estrella Cribeiro estuda a escrita e o activismo nas novelas «O club da calceta» e «Pirata», de María Reimóndez

A investigadora Estrella Cribeiro estuda a escrita e o activismo nas novelas O club da calceta e Pirata, de María Reimóndez:  «The introduction to María Reimóndez’s work focuses on the role of feminism and postcolonialism in the context of identity and nation. Her novels often explore issues of gender and social justice as they relate, in particular, to marginal identities». Máis información nesta ligazón.

A novela «O club da calceta», de María Reimóndez, publicada en Francia

A novela O club da calceta, de María Reimóndez, acaba de ser traducida ao francés na editorial Solanhets. En galego, O club da calceta leva publicadas 10 edicións e mereceu o Premio de Novela San Clemente en 2007. Da novela fixéronse tamén versións cinematográficas e teatrais.

Un dos mellores libros que lin na miña vida: «O club da calceta». A opinión da estudante Martina Domínguez

O blog As estelas dos ronseis, do IES de Silleda, reproduce a opinión da estudante Martina Domínguez sobre a novela O club da calceta, de María Reimóndez.     O club da calceta Se digo que este é un dos mellores libros que lin na miña vida é quedarme corta. Esta obra narra a vida de seis mulleres moi distintas entre si.

O Concello de Vigo proxecta a película “O club da calceta” para escolares da cidade

O mércores, 23 de outubro, ás 10:30 horas, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, terá lugar a proxección do filme “O club da calceta” dirixido por Antón Dobao e baseado na novela de María Reimóndez O club da calceta.

María Reimóndez: «O Club da Calceta» e «Pirata» abordan as formas de violencia sutís ás que nos enfrontamos as mulleres. Entrevista de Ramón Nicolás

María Reimóndez: «O Club da Calceta» e «Pirata» abordan as formas de violencia sutís ás que nos enfrontamos as mulleres. Entrevista de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás recolle no seu blog, Caderno da crítica, unha entrevista con  María Reimóndez que publicou no número 174 da revista Que Leer.   María Reimóndez: «Experimento co estilo»   María Reimóndez (Lugo, 1975), vive en Vigo e exerce como tradutora e intérprete. Recibiu numerosos galardóns literarios e realizou diversos traballos de investigación e divulgación sobre feminismo.

María Reimóndez falou da súa obra en Italia

Galicia Confidencial informa da presenza de María Reimóndez en Italia, falando da súa obra, tal e como xa anunciara Xerais. A escritora María Reimóndez leva a literatura galega a Italia O 10 e 11 de novembro a escritora galega participou nunhas xornadas organizadas por Insula europea sobre a muller na literatura.

María Reimóndez, convidada á UmbriaLibri 2011, en Italia

A escritora María Reimóndez viaxará no próximo mes de novembro á Feira do Libro UmbriaLibri, en Italia, a onde acudirá como autora convidada para participar nunha mesa redonda que compartirá con outras autoras estranxeiras traducidas ao italiano. A súa novela O Club da calceta foi publicada en italiano pola editorial Gran Via (Il club della calzetta).

María Reimóndez: «A pobreza é un sistema político»

O suplemento «Lecer» de Galicia hoxe publicaba onte unha longa entrevista coa escritora María Reimóndez con motivo da celebración da quinta edición do festival organizado por Implicadas/os polo desenvolvemento, a ONG da que é fundadora e presidenta.

«O Club da calceta», estrea na G2

[kml_flashembed movie=”https://www.youtube.com/v/VyZiUIYAjk4″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Mañá, 29 de decembro, ás 22:24 horas, emitirase sen cortes publicitarios na G2 (TDT) a película O club da calceta de Antón Dobao.