Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_corazón_de_xúpiter

«Escarlatina, a cociñeira defunta», «O corazón de Xúpiter» e «Fariña», entre os libros máis lidos nas bibliotecas públicas no 2019

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha reportaxe asinada por M. Méndez sobre os libros máis lidos nas bibliotecas públicas no 2019, con mención a varios títulos publicados por Xerais: Escarlatina, a cociñeira defunta e O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas; e Fariña, de Nacho Carretero. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Ledicia Costas: «Nos meus libros hai sufrimento, pero sempre deixo un espazo importante para esas luces que escintilan no medio da noite» Entrevista no «Praza Pública» sobre « Infamia»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Ledicia Costas sobre o libro: Infamia e, en xeral, sobre os últimos libros publicados pola escritora. (Imaxe: Manuel G. Vicente – Praza Pública).   LEDICIA COSTAS: “En `Infamia´hai unha sociedade enferma.

«Poemar o mar», de Antonio García Teijeiro, entre os vinte mellores libros en español do último ano, segundo a selección literaria da Fundación Cuatrogatos.

O libro Poemar o mar, do que é autor o escritor Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xan López, está entre os vinte mellores libros en español do último ano, segundo a selección literaria da Fundación Cuatrogatos, que concede premios anuais ás mellores obras. O libro gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2017 e está publicado por Xerais na colección Merlín.

«Mulleres revolucionarias, rebeldes e empoderadas protagonizan as novelas dunha autora que xa se converteu nun referente da literatura galega.» Anotación de Manuel Bragado sobre a presenza feminina na obra de Ledicia Costas

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas unha anotación sobre a conversa na Feira do Libro de Vigo entre a escritora Ledicia Costas e Fran Alonso, director de Xerais, sobre as personaxes femininas nas obras da autora viguesa (Imaxe: bretemas.

Deixádevos levar polo mar que rodea a Isla, polas treboadas da súa vida e por todo o que a vixía nas sombras: recensión no blog O Recuncho do Lector sobre «O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas

O blog O Recuncho do Lector publicou unha recensión sobre a novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas.     Recensión: «O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas Sinopse Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo.

Excelente presenza dos libros de Xerais entre os 50 máis lidos nos Clubs de Lectura

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.

Vídeo do encontro da escritora Ledicia Costas cos estudantes do IES Laxeiro

O blog da Biblioteca do IES Laxeiro de Lalín publicou un vídeo sobre o encontro da escritora Ledicia Costas cos estudantes do centro, falando, moi especialmente, dos seus libros Un animal chamado néboa e O corazón de Xúpiter.

Booktráiler de «O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas, realizado por alumnado do IES Castro Alobre

O alumnado de 4ºB do IES Castro Alobre realizou un booktrailer sobre a novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas.

Tertulia do Club de Lectura do IEs de Fene sobre a novela «O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas, retransmitida por Radiofusión

O Club de lectura do IEs de Fene, escolleu a novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, e a tertulia en torno ao libro emitiuse en Radiofusión. A tertulia pode escoitarse ou descargarse en audio nesta ligazón.

Os libros e autores/as máis lidos nos Clubs de lectura escolares

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares, dos que 22 títulos foron publicados por Xerais. A escritora Ledicia Costas encabeza a lista dos 50 títulos, tal e como sinala a web Letra en obras, coa novela infantil Escarlatina, a cociñeira defunta á que seguen outros títulos da autora como O corazón de Xúpiter.

«O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas, centrará mañá o encontro do Comando Le de Espazo Lectura

Un encontro  coa escritora Ledicia Costas en torno ao seu libro O corazón de Xúpiter centra a sesión de mañá sábado 28 de febreiro, do Comando Le de Espazo Lectura, unha actividade dirixida para mozos e mozas adolescentes en horario nocturno (de 20:00h a 00:00h).

«O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas, na opinión de catro estudantes

Gracia Santorum  publicou en As estelas dos ronseis algunhas opinións dos seus alumnos e alumnas sobre O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas. As opinións poden consultarse nesta ligazón.