Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_encargo_do_señor_castelao

Luís Rei Núñez: «Quero seguir facendo un retrato da época de Castelao»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Lucía P. Álvarez a Luís Rei Núñez sobre a novela O encargo do señor Castelao. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Derrota, enfermidade e vinganza nunha orixinal novela: «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

A cidade de Pontevedra e «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez. Artigo de Ramón Rozas

Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra e no seu blog un artigo de dúas novelas en torno á memoria, sendo unha delas O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez.     Dous títulos na memoria da cidade Literatura.

Lectura e sinatura de exemplares da novela “O encargo do señor Castelao” de Luís Rei Núñez en Pontevedra

O xoves, 10 de novembro, ás 20:00 horas, na librería Cronopios, rúa Frei Xoán de Navarrete, 5, en Pontevedra, terá lugar a lectura de textos da novela O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez. No acto participarán a xornalista María Varela, o escritor Xaime Toxo e o autor Luís Rei Núñez que asinará exemplares ao remate da lectura.

Retrato dun tempo e dun país: «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez en Galicia Confidencial

Galicia Confidencial publicou unha información sobre a novela O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez.   «O encargo do señor Castelao», unha novela que recrea episodios reais e debuxa unha personalidade con “luces e sombras Luís Rei busca «facer un retrato dun tempo e dun país» con base no «encargo» de Castelao a un comunista de vingar o asasinato de Bóveda Un híbrido da ficción pura coa realidade.

Beiras: «É lexítima a vinganza en persoas da talla moral de Castelao e Bóveda?» Sobre «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación en Compostela da novela O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez.   Beiras presentou en Compostela «O encargo do señor Castelao» Xosé Manuel Beiras presentou onte no Airas Nunes de Santiago O encargo do señor Castelao, a novela de Luís Rei Núñez.

Presentación en Compostela de “O encargo do señor Castelao” de Luís Rei Núñez

O mércores, 19 de outubro, ás 20:00 horas, no Airas Nuñes Café, rúa do Vilar, 17, Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez. No acto participarán Xosé Manuel Beiras, Manuel Bragado e Luís Rei Núñez, e contará coa lectura de textos a cargo de Susana Recouso e coa música de Luís Soto (frauta) e Santi Cribeiro (acordeón).

A gran novela sobre Castelao: «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación na Coruña da novela O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez.

Un verdadeiro episodio nacional galego: «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez. Crítica de Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Magnífico e orixinal relato, escrito con pericia admirable: «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez. Artigo de Xesús Alonso Montero

O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, publicou en La Voz de Galicia un artigo sobre a novela O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

«Exhumación», de Marcos Abalde, e «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez, encabezan o ranquing da Tabela dos libros do mes de outubro

O libro de poemas Exhumación, de Marcos Abalde Covelo, e a novela O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez sitúanse no primeiro, segundo posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de outubro na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Presentación de “O encargo do señor Castelao” de Luís Rei Núñez na Coruña

O mércores, 5 de outubro, ás 20:30 horas, na Casa Museo Casares Quiroga, rúa Panadeiras, 12, A Coruña, terá lugar a presentación da novela O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez. No acto participarán Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, Manuel Bragado, director de Xerais, e Luís Rei Núñez, autor.