Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_exército_de_fume

Un poderoso relato de acción no que se mesturan historia, lenda e ficción: «O exército de fume», de Manuel Gago. Anotación no blog «Biosbardia»

O blog Biosbardia publicou unha anotación de Xesús González Gómez sobre o libro: O exército de fume, de Manuel Gago.  O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.   ‘ O exército de fume’, fazañas bélicas na busca de público   «Na súa segunda novela, Manuel Gago mergúllase nun poderoso relato de acción no que se mesturan a historia, a lenda e a ficción.

Unha narración ambiciosa e ben documentada que logra atrapar ao lector e manter a tensión ata o final: «O exército de fume», de Manuel Gago. Crítica na revista Grial

Grial, a revista galega de cultura, publicou unha anotación de Patricia Arias Chachero sobre a novela: O exército de fume, de Manuel Gago. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A anotación pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns. – O exército de fume Grial 1. – O exército de fume Grial 2.

Unha novela de guerra, espías e accións trepidantes. «O exército de fume», de Manuel Gago. Crítica no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura do Faro de Vigo publicou unha anotación de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela: O exército de fume, de Manuel Gago. A anotación pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha historia chea de ideais, traizóns, lealdades, desenganos e, sobre todo, loita: «O exército de fume», de Manuel Gago. Recensión en Fervenza de Verbas

A web Fervenza de Verbas publicou unha anotación sobre a novela O exército de fume, de Manuel Gago.   O exército de fume – Manuel Gago N’O exército de fume Manuel Gago crea unha novela que mestura historia e ficción.

Un proxecto narrativo coherente e cobizoso, que explora desde a ficción motivos que latexan no noso pasado recente: «O exército de fume», de Manuel Gago. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no xornal La Voz de Galicia e no blog Caderno da Crítica unha anotación sobre a novela O exército de fume, de Manuel Gago.

Unha apaixonante historia de espionaxe e contraespionaxe, de fuxidos e loita contra o fascismo, a medio camiño entre a lenda e a fidelidade histórica: «O exército de fume», de Manuel Gago. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre a novela O exército de fume, de Manuel Gago.   Crítica de «O exército de fume» (Manuel Gago, Xerais)   Desde que Eduardo Rolland publicara Galicia en Guerra (2007, Xerais tamén) comezou a ser revisado o papel que Galiza xogou na II Guerra Mundial.

Manuel Gago: «Creo que o proceso de recuperación da memoria histórica apenas comezou aínda.» Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública» sobre «O exército de fume»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Manuel Gago sobre a súa novela O exército de fume (imaxe: Sole Felloza – Praza Pública). Manuel Gago: “Heroes non temos, pero mártires, unha chea deles.

Manuel Gago: «A novela é un formato magnífico para divulgar feitos esquecidos ou pouco coñecidos da nosa historia.» Entrevista-faladoiro en Radiofusión sobre «O exército de fume»

O club de lectura de Radio Fene escolleu a novela O exército de fume, de Manuel Gago, e o faladoiro-entrevista arredor do libro emitiuse en Radiofusión. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2018

Do 1 ao 10 de agosto de 2018 terá lugar, nos Xardíns de Méndez Núñez, unha nova edición da Feira do Libro da Coruña e na que Xerais ten programados os seguintes actos: Mércores 1 de agosto de 2018 19:00 h. Presentación de O exército de fume de Manuel Gago en conversa con Manuel Bragado Xoves 2 de agosto de 2018 19:45 h.

Manuel Gago: «Unha novela sempre é ficción, pero ás veces as cousas que semellan máis fantásticas son as verídicas e as que parecen verdade non o son.» Entrevista en «Galicia Confidencial»

O diario dixital Galicia Confidencial publicou unha entrevista a Manuel Gago sobre a súa novela O exército de fume (Imaxe: Sole Felloza / Galicia Confidencial). Manuel Gago: «En Galicia semella que non temos heroes, os heroes sempre son doutros lugares» GC fala con Manuel Gago, o autor de “O exército de fume”.

Gago consegue que dubidemos de que canto lemos fose real ou non, sabendo que estamos ante unha ficción engaiolante: «O exército de fume», de Manuel Gago. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre a novela O exército de fume, de Manuel Gago. O exército de fume Estaba eu en plena crise lectora cando chegou Un exército de fume para me salvar. Pásame decote: remato tan cansa o curso que nin ganas de ler teño. Pero aquí está Xerais, publicando a nova novela de Manuel Gago, para lembrame que xa vai mediado xullo e xa son quen de volver á miña afección máis prezada.

Manuel Gago: «Hai momentos históricos en que resulta moi difícil distinguir a realidade da ficción.» Información en Nós TV sobre a novela «O exército de fume»

Nós Televisión emitiu unha información sobre a novela de Manuel Gago O exército de fume. A información pode verse nesta ligazón. . . . . Lenda, ficción e dúas “guerras ocultas” na última novela de Manuel Gago O escritor presenta ‘O exército de fume’, un relato ficticio cun “guiño” á memoria histórica Adentrámonos na década de 1940.