Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_fresco_memorias_dun_fuxido_1936

Un libro que se le como unha novela: «O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936», de Víctor F. Freixanes. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha recensión sobre o libro O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936, de Víctor F. Freixanes, publicado por Xerais na colección Memoria. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

O significado dun libro corenta anos despois da súa publicación orixinal: «O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936», de Víctor F. Freixanes. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936, de Víctor F. Freixanes. O libro está publicado por Xerais na colección Crónica – Memoria.   O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936, de Víctor F. Freixanes Lourenzo Fernández Prieto fala, no imprescindible prólogo desta reedición, de que este é un libro seminal.

Unha obra pioneira no relato biográfico dos homes e mulleres que deron a vida na defensa dos ideais republicanos: «O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936». Anotación nos xornais «El Progreso» e «Diario de Pontevedra»

Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publicaron unha anotación sobre o libro: O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936, de Víctor F. Freixanes. O libro está publicado por Xerais na colección Crónica – Memoria. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Un título pioneiro, hoxe de culto e reeditado logo de anos fóra das librarías: «O fresco. Memorias dun fuxido (1936)», de Víctor F. Freixanes. Anotación no «Sermos Galiza»

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación de Daniel Salgado sobre a reedición do libro: O fresco. Memorias dun fuxido (1936), de Víctor F. Freixanes. O libro está publicado por Xerais na colección: Crónica – Memoria. Imaxe: Ponteareas no tempo (Concello de Ponteareas) – Sermos Galiza.