Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_globo_de_shakespeare

Jaureguizar: «Shakespeare foi un personaxe enigmático que dá moitísimo xogo»

O xornal El Progreso publicou unha reportaxe de Marta Veiga sobre o encontro que Jaureguizar mativo cos integrantes do Club de Lectura do Círculo das Artes de Lugo sobre  a súa novela O globo de Shakespeare. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Que libro de Xerais recomendas para o verán?

Que libro de Xerais recomendas para o verán?

No perfil de Facebook de Xerais estase desenvolvendo un interesante debate sobre os libros do catálogo da editorial que os seareiros e seareiras recomendan para o verán. Ata o momento as propostas son moi diversas: Eva Carrión del Pozo recomenda Resistencia de Rosa Aneiros. “Eu téñolle un especial apego a este libro porque, coma quen di, fun aprendendo galego con el.

Jaureguizar asina «O Globo de Shakespeare»

Jaureguizar asina «O Globo de Shakespeare»

Jaureguizar asinará exemplares d’ O Globo de Shakespeare, na Feira do Libro de Santiago, o venres, primeiro de maio, a partir das 19:00 horas.

Xerais na Feira do Libro de Santiago

Xerais preparou un completo programa de actividades de animación para a Feira do Libro de Santiago que se inaugurará o vindeiro venres, 1 de maio. Venres, 1 de maio 13.00 Pregón inaugural a cargo de Teresa Moure. 19.00 O escritor Santiago Jaureguizar, asinará exemplares do seu libro O Globo de Shakespeare (Premio Terra de Melide, 2008) Sábado, 2 de maio 18.

«O Globo de Shakesperare», crítica en lg3

«O Globo de Shakesperare», crítica en lg3

Montse Pena Presas publica no espazo de crítica de lg3 unha crítica sobre O Globo de Shakespeare a novela de Jaureguizar gañadora do Premio Terra de Melide 2008.

«O Globo de Shakespeare» en Lugo

«O Globo de Shakespeare» en Lugo

O venres, 6 de marzo, ás 20:00 horas na Libraría Trama de Lugo presentarase O Globo de Shakespeare. Con este acto Jaureguizar remata a súa xira de presentacións da novela premiada en 2008 co Terra de Melide, iniciada no mes de xuño en Melide, e que proseguiu por Ribadeo, A Coruña, Santiago e Vigo. Esta será, tamén, a derradeira oportunidade de probar as reputadas galletas da novela.

«O Globo de Shakespeare», presentación en Compostela

«O Globo de Shakespeare», presentación en Compostela

O venres, 20 de febreiro, ás 20:00 horas na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela,  Jaureguizar conversará con José María Giráldez sobre O Globo de Shakespeare.

Jaureguizar en «El Correo Gallego»

Rober G. Méndez dedica a derradeira páxina de El Correo Gallego a realizar unha semblanza do traballo de Jaureguizar tars a publicación d’ O Globo de Shakespeare.

Jaureguizar: entrevista no «Luces»

Jaureguizar: entrevista no «Luces»

Na sección «Luces» da edición para Galicia deEl País Daniel Salgado realízalle unha entrevista a Jaureguizar centrada na súa última novela O Globo de Shakespeare, gañadora do Premio Terra de Melide 2008. Recollemos un breve fragmento: P. Para quen escribe? R. Para o público. P. E quen é o público? R. Eu son a Corín Tellado da literatura galega. Non, en serio, escribo para grandes públicos, busco grandes públicos.

«O Globo de Shakespeare», adianto da crítica de Eyré

«O Globo de Shakespeare», adianto da crítica de Eyré

Eyré adianta hoxe no seu blog dous parágrafos da crítica que preparou para A Nosa Terra sobre O Globo de Shakespeare, a novela de Jaureguizar gañadora do Premio Terra de Melide: Desde que Xosé Carlos Caneiro publicara Ébora (Xerais, 2000) poucas veces me divertín tanto lendo unha novela. Tentado estou de botar contas, polo menos dalgún título de Bieito Alonso, por iso da xustiza comparativa.

«O Globo de Shakesperare», crítica no «Faro da Cultura»

«O Globo de Shakesperare», crítica no «Faro da Cultura»

Dolores Martínez Torres publica hoxe no «Faro da Cultura» unha crítica d’ O Globo de Shakespeare, a novela de Jaureguizar gañadora do premio Terra de Melide 2008.

Jaureguizar entrevistado por «Galicia hoxe»

Jaureguizar entrevistado por «Galicia hoxe»

Jaureguizar non para. Hoxe é entrevistado en Galicia hoxe con motivo da publicación d´O Globo de Shakespeare, a súa premiada novela que cada vez está recollendo maior interese por parte  da crítica, dos medios e do lectorado. Recollemos algúns fragmentos da entrevista: A obra foi recoñecida o xuño pasado co VIII Premio Terra de Melide.