Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_grito_do_ipiranga

«O grito do Ipiranga», crítica de Armando Requeixo

AVENTURAS TRANSOCEÁNICAS Antídoto contra o aborrecemento Luís García Mañá é autor dunha das triloxías histórico-detectivescas máis notable dos últimos tempos.

«O grito do Ipiranga», presentación en Vigo

O venres, 18 de xuño, ás 20:00 horas, celebrarase na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno 27) a presentación da novela de Luís Manuel García Mañá O grito do Ipiranga. Noa cto acompañarán ao autor o escritor Alfredo Conde e o editor Manuel Bragado.

Ferrín presenta en Ourense «O grito do Ipiranga» de Luís García Mañá

Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, presentou onte no IES Otero Pedrayo de Ourense O grito do Ipiranga, a terceira novela de Luís García Mañá protagonizado por Nemesio Castro.

«O grito do Ipiranga«, presentación en Ourense

O venres 28 de maio, ás 20:00 horas, no Paraninfo do IES Otero Pedrayo de Ourense (Rúa Padre Feijóo 14) presentarase O grito do Ipiranga de Luís Manuel García Mañá. No acto acompañarán ao autor, X.L. Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega e o editor Fran Alonso.

«O grito do Ipiranga«, crítica de Manuel Rodríguez Alonso

AVENTURA A ESGALLA A novela de aventuras adoita presentar feitos e acontecementos abundantes, encontros e desencontros, recoñecementos de personaxes separados que volven atoparse. Así mesmo adoitan acontecer estas accións en diferentes lugares, moitas veces exóticos ou polo menos afastados do mundo do lector.

«O grito do Ipiranga», primeira crítica, Ramón Nicolás en «La Voz de Gaicia»

UN NOVO CASO DE NEMESIO CASTRO LUÍS MANUEL GARCÍA MAÑÁ  OFRECE UNHA NOVA INTRIGA, NESTA OCASIÓN EMPRAZADA EN GALICIA, PORTUGAL E O BRASIL DO SÉCULO XIX. Tras O lume de San Antón, onde se achegaba ás contendas entre o poder relixioso e o civil, e logo de Menino morreu no que erixía unha suxestiva reivindicación do espazo mítico do Couto Mixto, Luís M.

Luís Manuel García Mañá, entrevista en «El País»

Xosé Manuel Pereiro entrevista a Luís Manuel García Mañá, autor d’ O grito do Ipiranga, no suplemento «Luces» de El País Galicia. Recollemos algúns fragmentos da longa conversa: No seu lugar de traballo, entre as placas e distincións propias do cargo e algúns obxectos característicos da profesión, hai retratos dedicados de Francisco Fernández del Riego, Domingo García-Sabell e da poeta María do Carmo Kruckemberg.

«”O grito do Ipiranga”, a intriga no Brasil do XIX»

O xefe superior do Corpo de Policía de Galicia, Luís García Mañá, en O grito do Ipiranga volve ofrecer unha nova entrega do seu “predetective” Nemesio Castro, que desta volta vive diversas aventuras que teñen como pano de fondo o Brasil do emperador Pedro II.

«O grito do Ipiranga» de García Mañá, ecos da exitosa presentación na Coruña

La Voz de Galicia fíxose eco do éxito rotundo da presentación da nova novela de Luís Manuel García Mañá O grito do Ipiranga.

«O grito do Ipiranga» de Luís Manuel García Mañá, presentación na Coruña

Mañá venres, 23 de abril, ás 19:00 horas na sede da Fundación Barrié da Coruña (Cantón Grande nº 9) presentarase a novela de Luís Manuel García Mañá O grito do Ipiranga. No acto acompañarán ao autor, José María Barja Pérez (Reitor da Universidade da Coruña), Xosé Luís Axeitos Agrelo (secretario da Real Academia Galega) e o editor Manuel Bragado.

«O grito do Ipiranga» de Luís Manuel García Mañá

«O grito do Ipiranga» de Luís Manuel García Mañá

O grito do Ipiranga, a cuarta novela de Luís Manuel García Mañá chegará ás ibrarías despois da Semana Santa. Nemesio Castro, o investigador que colabora de forma ocasional coa Secretaría de Estado do Goberno da raína Isabel II, regresa do Brasil, onde como home de negocios acadara unha posición de prestixio, para desenredar un nobelo de espionaxe política no Norte de África.