Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: O_grove

«Un canto á liberdade, unha loanza da vida como conquista individual.» Anotación de Manuel Bragado sobre a presentación de «A noite das bicicletas», de Teresa González Costa

Manuel Bragado publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación no Grove da obra infantil A noite das bicicletas, de Teresa González Costa, ilustrado por Jacobo Fernández Serrano.   «A noite das bicicletas» de Teresa González Costa Acompañamos onte no Grove á nosa admirada Teresa González Costa na presentación d´ A noite das bicicletas.

Un thriller telúrico cheo de intriga e sorpresa: «A raíña das velutinas», de Lionel Rexes. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela A raíña das velutinas, de Lionel Rexes, Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey.   Entrega no Grove do Premio Manuel Lueiro Rey Participamos onte no Grove na gala de entrega da XXIII edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro a Rey que recibiu Lionel Rexes por A raíña das velutinas.

Homenaxe a Manuel Lueiro Rey en Vigo. Anotacións en Brétemas e Caderno da crítica

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación en Vigo de dous libros de Manuel Lueiro Rey, Non debían medrar editado por Xerais e Novas crónicas dunha transición intransixente por Laiovento. Tamén o crítico Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da crítica unha anotación sobre a presentación.

Presentouse «A filla do ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa

Presentouse «A filla do ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa

A edición de Arousa do Faro de Vigo deu conta da  presentación do último Premio Merlín de Literatura Infantil, a A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa, organizada polo Concello do Grove e por Xerais. No acto participaron Quico Cadaval, Manuel Bragado e Teresa González Costa e celebrouse na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei. A información pode descargarse en pdf.

Presentación no Grove o próximo venres de «A filla do ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa

Presentación no Grove o próximo venres de «A filla do ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa

O vindeiro venres 17 de decembro terá lugar a presentación do último Premio Merlín de Literatura Infantil, a A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa, organizada polo Concello do Grove e por Xerais. O acto, que contará coa participación de Quico Cadaval, Manuel Bragado e Teresa González Costa, terá lugar ás 20,00 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei (Monte da Vila, s/n, O Grove).

“Pingueiras e tarteiras” de Teresa González Costa presentación no Grove

“Pingueiras e tarteiras” de Teresa González Costa presentación no Grove

Esta semana chega ás librarías Pingueiras e tarteiras, a peza de Teresa González Costa gañadora do IIIº Premio Manuel María de literatura dramática infantil. No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña Otilia ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras.

“Sempre quixen bailar un tango” de Teresa González Costa

“Sempre quixen bailar un tango” de Teresa González Costa

Chega ás librarías Sempre quixen bailar un tango, a obra de Teresa González Costa gañadora da XVIIª edición do  Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, outorgado por AGADIC. A autora do Grove agarda a aparición de Pingueiras e tarteiras, a peza gañadora da IIIª edición do Premio Manuel María de literatura dramática infantil.

“Ramón Piñeiro. Os días ocultos”, presentación no Grove

“Ramón Piñeiro. Os días ocultos”, presentación no Grove

O sábado, 16 de maio, ás 20:00 horas, na Galería Lembrabza Sargadelos do Grove (rúa Castelao 52 A) presentarase a novela de Daniel Ameixeiro, Ramón Piñeiro. Os días ocultos. O autor estará acompañado no acto do editor Manuel Bragado.