Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_home_do_traxe_branco

Herikberto Quesada participará esta noite no programa de Buenafuente na Sexta

Hoxe luns, no programa de Buenafuente na Sexta, será entrevistado o escritor e debuxante Herikberto M. Quesada, autor do libro O home do traxe branco editado en galego por Xerais. Nos últimos días diversos medios escritos fixéronse eco da aparición deste libro, considerado xa como unha das grandes sorpresas literarias do ano.

Xosé Carlos Caneiro: «’O home do traxe branco’ é a sorpresa máis evidente da tempada»

Outra novela que, sinceramente, xulgo como a sorpresa da tempada: pola súa orixinalidade, fundamentalmente, inusual en todos os territorios literarios. Estou a falar d’ O home do traxe branco de Herikberto M. Quesada. Un cúmulo de imaxinación, arte (inclúe tamén os debuxos do propio autor) e fascinación. Quizá algúns xulguen esta entrega como unha obra de xénero fantástico extraterrestre, pero é moito máis.

«O home do traxe branco» en «Culturas»

O suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia do pasado sábado, 5 de decembro, dedicou a súa portada e dúas das súas páxinas á aparición da primeira novela de Herikberto M. Quesada, O home do traxe branco. No texto inclúese unha entrevista co autor ourensán e unha crítica da novela. Aquí pode lerse ou baixarse o pdf.

«O home do traxe branco», primeira entrega

Unha das novidades máis curiosas da tempada é a estrea literaria de Herikberto M. Quesada, o artista, deseñador e escritor ourensán residente en Madrid. Con «O accidente», Quesada inicia a publicación da saga, O home do traxe branco, unha serie de novelas de ficción que tardou vinte anos en compoñer.

Xerais, próximas novidades infantís e xuvenís

Anunciamos o programa de novidades infantís e xuvenís preprado pola editorial até finais de 2009: XERAIS MERLÍN Mil cousas poden pasar. Libro I. Jacobo Fernández Serrano (texto e ilustracións). Premio Merlín de Literatura Infantil 2009. Novela. Acartonado. Merlín 9 en diante. Valados. Agustin Fernández Paz (texto) e Xan López Domínguez (ilustracións). Conto. Acartonado. O maquinista Antón.