Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_home_é_un_grande_faisán_no_mundo

Herta Müller en galego

Herta Müller en galego

O poeta e editor Miguel Anxo Fernán Vello fala hoxe da obra literaria de Herta Müller, traducida ao galego por Xerais, con motivo da aparición nas librarías da última novela da Premio Nobel alemana, Randea do alento. No seu artigo do xornal Galicia Hoxe, titulado «Herta Müller en galego», Fernán Vello sinala a calidade da súa obra literaria.

«Randea do alento», a novela máis recente de Herta Müller, Premio Nobel de Literatura 2009

Na derradeira semana deste mes de setembro aparecerá nas librarías Randea do alento, a novela máis recente de Herta Müller, Premio Nobel de Literatura 2009. Traducida do alemán por Marga do Val, esta novela foi considerada pola crítica alemá «como unha obra que, nestes momentos, sobresae sobre todas as demais; unha lectura que parte o corazón e nos fai seres humildes e sinxelos».

Herta Müller recibirá o Nobel o 10 de decembro

Moi interesantes son as declaracións realizadas en Estocolmo por Herta Müller, días antes da cerimonia de entrega do Premio Nobel de Literatura. A escritora alemá, de nacionalidade romanesa e pertencente á minoría suaba, síntese «filla do desarraigamento»: “A miña casa era a miña casa, pero se es perseguida, se estás asustada, non tes sensación de fogar” explicou.

«Herta Muüller, a linguaxe e o perigo da verdade»

Recollemos os primeiros parágrafos da anotación de Xosé Manuel Eyré sobre a concesión do premio Nobel 2009 a Herta Müller e a edición en galego da súa novela O home é unha grande faisán no mundo: Anda a xente aínda coa sorpresa. Ninguén contaba con ela, e velaí está. Ando lendo a novela que traduciu Frank Meyer ao galego, unha preciosa tradución, por certo.

«Herta Müller, Nobel en galego»

Manuel Bragado publicou en Faro de Vigo un artigo sobre a concesión do Premio Nobel de Literatura á escritora alemá Herta Müller e a edición en galego realizada por Xerais dunha das súas novelas, O home é un grande faisán no mundo. Os dous Nobel anunciados esta semana provocaron sorpresa inicial e polémica posterior en todos os medios.

Herta Müller, Nobel 2009

Xerais expresa a súa grande satisfacción pola adxudicación do Premio Nobel de literatura 2009 á escritora Herta Müller, poeta e narradora, nacida en 1953, en Nitzkydorf, Bánat (Romanía), no seo dunha familia da minoría alemana.