Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_lado_do_que_dormes

Unha obra que estimula o imaxinario dos mais pequenos e o pensamento dos maiores: «Unha fábrica de bicos», de María Canosa. Anotación en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha noticia sobre os novos libros publicados pola escritora ceense María Canosa, con mención a dous títulos publicados por Xerais: O lado do que dormes e Unha fábrica de bicos. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

#envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

Unha narración dun vigor enorme, moi claro na exposición: «O lado do que dormes», de María Canosa. Crítica de Antonio García Teijeiro en «Versos e aloumiños»

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: O lado do que dormes, de María Canosa, publicado por Xerais na colección Milmanda.

Unha novela sobre a necesidade de modificar desatinados códigos sociais e de conduta tan presentes no noso tempo: «O lado do que dormes», de María Canosa. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica, e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: O lado do que dormes, de María Canosa, publicado por Xerais na colección Milmanda.

Unha ficción entretida que nos axuda a tomar conciencia do mundo no que vivimos e do moito que nos falta por avanzar: «O lado do que dormes», de María Canosa. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: O lado do que dormes, de María Canosa, publicado por Xerais na colección: Milmanda. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 05.00″.

Boísimas intencións: «O lado do que dormes», de María Canosa. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha recensión sobre o libro O lado do que dormes, de María Canosa, publicado por Xerais na colección Milmanda. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha novela moi intelixentemente escrita que denuncia a conciliación laboral e familiar e o machismo: «O lado do que dormes», de María Canosa. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro: O lado do que dormes, de María Canosa, publicado por Xerais na colección Milmanda.   Crítica de «O lado do que dormes» (María Canosa)   Sexamos claros desde un principio, esta novela de María Canosa da que imos escribrir hoxe é unha das que máis me removeron por dentro nos últimos tempos.

Presentación na Coruña do libro “O lado do que dormes” de María Canosa

O martes 19 de novembro de 2019, ás 19:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés 35, A Coruña, terá lugar a presentación do libro O lado do que dormes de María Canosa. No acto participarán Santiago Garrido, María Canosa e Fran Alonso.

María Canosa: «Esta novela é totalmente feminista, porque pon de manifesto as dificultades que aínda hai hoxe en día». Entrevista en «La Voz de Galicia» sobre: «O lado do que dormes»

O suplemento La Voz de Carballo, do xornal La Voz de Galicia, publicou unha entrevista de S. G. Rial á escritora María Canosa sobre o libro: O lado do que dormes publicado por Xerais na colección Milmanda. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «O lado do que dormes», de María Canosa. Unha novela que se vai entretecendo coas dúbidas e seguridades das mulleres

O lado do que dormes, de María Canosa, é unha novidade da colección Milmanda de Xerais. Laura ten 37 anos, un home, dous fillos, unha hipoteca, un traballo e… a vida por diante. Pero no seu traballo fanlle pagar caro o feito de ser muller. Onde está a súa fortaleza? A fortaleza das mulleres non sempre é igual. A unhas sáelle pola boca, polos brazos. A outras méteselles dentro e móveas de maneira instintiva.