Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_lapis_do_carpinteiro

Excelentes críticas da tradución ao sueco de «O lapis do carpinteiro», a novela máis traducida da literatura galega

Convertida na novela máis traducida da literatura galega, O lápis do carpinteiro está a ter excelentes críticas na súa edición en Suecia. As críticas resaltan tanto a novela como a boa tradución. Reproducimos fragamentos dalgunhas desas críticas. «Rivas é un estilista hábil e ten unha linguaxe fermosa.

Extraordinaria recensión da tradución ao inglés de “Todo é silencio” (All Is Silence), de Manuel Rivas, en The Irish Times

O xornal irlandés The Irish Times publicou unha gabanciosa recensión de All Is Silence (Todo é silencio), a versión en inglés da coñecida novela de Manuel Rivas. A autora da recensión, Eileen Battersby, destaca tamén a  importancia crucial doutras dúas novelas de Rivas: The Carpenter’s Pencil (O lapis do carpinteiro) and Books Burn Badly (Os libros arden mal). O xornal Sermos Galiza tamén se fai eco da recensión.

Os libros de Manuel Rivas: 100 opinións dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis máis de 100 opinións dos seus alumnos e alumnas sobre diversos libros de Manuel Rivas lidos ao longo dun trimestre. As opinións dos/as estudantes poden lerse neste enlace.

A literatura galega ábrese paso en Bulgaria

La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Xesús Fraga sobre a publicación de varios títulos de literatura galega en Bulgaria, en Small Stations Press, o selo de Jonathan Dunne, entre eles a Poesía completa de Lois Pereiro, O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas e Aire Negro, de Agustín Fernández Paz. Reproducimos a portada de Aire negro.

A despedida de Ascensión Concheiro, Chonchiña, a muller que inspirara «O lapis do carpinteiro»

Actualizado 6/9/2013. Algúns medios fixeronse eco da morte en México, aos cen anos de idade, de Ascensión Concheiro, coñecida como Chonchiña, a muller que inspirara O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas. Reproducimos un artigo de Ramón Rozas no Diario de Pontevedra, onde tamén se pode ler unha información de Belén López. Reproducimos tamén, a continuación, a información de Carme Vidal que publicou Sermos Galiza.

«O lapis do carpinteiro», de Manuel Rivas, chega aos 80.000 exemplares vendidos

A vixésimo cuarta edición de O lapis do carpinteiro, a novela máis vendida de Manuel Rivas, chega estes días ás librarías e sitúa o seu número de exemplares vendidos en 80.000, unha cifra verdadeiramente relevante para a edición en lingua galega. Nesta 24ª edición, a cuberta adáptase ao redeseño da colección Narrativa de Xerais.

Faleceu Xosé Luís de Dios

Coñecemos por A Nosa Terra a tristísima nova do falecemento en Tui de Xosé Luís de Dios, unha das figuras máis relevantes da plástica galega das últimas catro décadas.

«O lapis do carpinteiro» no club de lectura Sete Vidas de Gondomar

O venres 23 de xullo, na Casa da Lectura, Espazo Lectura celebrou unha sesión especial do club de lectura Sete Vidas onde máis de 15 persoas compartimos as nosas impresións sobre a novela de Manuel Rivas O lapis do carpinteiro a partir das preguntas que nos realizou Todd Mack, un investigador da Universidade de Stanford que nos visitou para asistir a un club de lectura e poder recabar información sobre a recepción da novela de

Dez libros para namorar

O único que queda é o amor, Agustín Fernández Paz, relatos. O xardín das pedras flotantes, Manuel Lourenzo González, novela. Toda a vida, Luís Rei Núñez, novela. Náufragos en terra, Xosé Manuel Martínez Oca, relatos. O lapis do carpinteiro, Manuel Rivas, novela. Resistencia, Rosa Aneiros, novela. Onde o sol non adormece, Antón Cortizas, novela. Atracción total, Carme Blanco, micronarrativa.

Chonchiña Comesaña, entrevista

Chonchiña Comesaña, entrevista

El Pais Galicia publica unha entrevista con Chonchiña Comesaña, a muller que inspirou a novela de Manuel Rivas O lapis do carpinteiro. A historia de amor entre Chonchiña (Ascensión Concheiro García, actualmente 95 anos) e o doutor Francisco Comesaña foi o eixo da celebrada novela de Rivas (22 edicións, máis de 70.000 exemplares vendidos ata hoxe). Recollemos un parágrafo significativo da entrevista realizada por Xabier R.