Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_libro_das_viaxes_imaxinarias

«O libro das viaxes imaxinarias», proposta para este milenio

«O libro das viaxes imaxinarias», proposta para este milenio

Camilo Franco publica hoxe no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia esta crítica sobre O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas. En literatura contemporánea case todas as viaxes que comezan en Italo Calvino acaban onde teñen que acabar: no lector. Calvino coñecía ese segredo da narrartiva como escudo de Perseo, que serve para ver as cousas sen que causen o dano da realidade. Xabier P.

Catro obras de Xerais entre «O mellor do 2008» para «Culturas»

O suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia publica hoxe unha dobre páxina na que se recollen críticas de seis obras consideradas como «O mellor do 2008». Entre elas están catro publicadas pola editorial: O xardín das pedras flotantes de Manuel Lourenzo González, O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas, Renacer de Xabier Paz e De provincia a nación.

«O libro das viaxes imaxinarias», crítica en «lg3»

«O libro das viaxes imaxinarias», crítica en «lg3»

Isabel Soto publica no espazo de crítica de «lg3» un interesantísimo traballo sobre O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas. Esta obra foi gañadora do Premio Isaac Díaz Pardo 2008 ao mellor libro ilustrado do ano.

Xerais no Culturgal, actos dos días 4 e 5 de decembro

Xerais está presente en Culturgal no estand nº 45. Durante o xoves, 4, e o venres 5 de decembro, organizamos as seguintes actividades: Xoves, 4 ás 17,00 horas no estand de Xerais: Roda de prensa de Un país a medio facer de Fran Alonso. Venres, 5 ás 12,30 horas na sala de prensa do Cultur.gal: Roda de prensa de A corpo aberto de Manuel Rivas.

«O libro das viaxes imaxinarias», lectura de X.M. Eyré

«O libro das viaxes imaxinarias», lectura de X.M. Eyré

Recollemos a nota de lectura sobre O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas que publica hoxe X.M. Eyré no seu blog: Lidos dez capítulos dos trinta que ten, un adxectivo único perocorre, en letras capitais, os meus pensamentos: MARABILLOSO. Ou, unha marabilla de libro. O aspecto gráfico, autoría de Xosé Cobas, na miña opinión é precioso, sinxelamente precioso.

Xerais no Cultur.gal 2008

Xerais no Cultur.gal 2008

Nos vindeiros días, 4-5-6 e 7 de decembro, vai ter lugar en Palexco (Pazo de Congresos e Exposicións da Coruña o Cultur.gal 2008 Feira Galega das Industrias Culturais.

«O libro das viaxes imaxinarias», crítica en «Culturas»

«O libro das viaxes imaxinarias», crítica en «Culturas»

«O libro das viaxes imaxinarias», primeira crítica

«O libro das viaxes imaxinarias», primeira crítica

Martín Pawley acaba de publicar no recente número de Protexta (distribuído nos xornais desta fin de semana) unha gabanciosa crítica d’ O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas. Libro que será presentado esta semana, o vindeiro xoves, ás 20:00 horas na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña.

«O libro das viaxes imaxinarias», presentación

«O libro das viaxes imaxinarias», presentación

«O libro das viaxes imaxinarias», chega ás librarías

«O libro das viaxes imaxinarias», chega ás librarías

Esta semana chega ás librarías O libro das viaxes imaxinarias, escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobás. A obra, froito da coedición de Anaya Infantil y Juvenil e Xerais, preséntase nun formato inusualmente esvelto (19,5 x 29), con encadernación acartonada e sobrecuberta, ademais de incluír un despregabre de oito páxinas. Na rede xa apareceron as primeiras referencias.

«O libro das viaxes imaxinarias» de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas

Hoxe entrou no almacén un dos libros máis agardados do ano, O libro das viaxes imaxinarias escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas. Chegará ás librarías a vindeira semana e será presentado 13 de novembro, ás 20:00 horas na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña. Un libro inusualmente fermoso de formato esvelto e páxinas despregables.