Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_máis_estraño

A escrita fértil, de variña máxica, onde as cousas acadan un plano moi alto, en «O máis estraño», de Manuel Rivas. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou o pasado 12 de agosto nos xornais Atlántico e La Región unha crítica sobre O máis estraño, de Manuel Rivas baixo o título de «O Rivas que máis me presta»: Na recensión crítica pode lerse: «Como a súa escrita, tan fértil, realista de luvas, chisteira e variña máxica, onde as cousas de adiario, de decotío, acadan un plano moi alto». Pode lerse ou descargarse aquí en pdf.

Manuel Rivas recrea a súa psicoxeografía máis íntima, crónica de Iago Martínez en «El País»

Iago Martínez publica nas páxinas da edición de Galicia de El País unha crónica da lectura de Manuel Rivas na Feira do Libro da Coruña. Reproducimos o texto no que se dedica atención ao anuncio da publicación en outubro d’ As voces baixas. El próximo libro de Manuel Rivas se sumará al catálogo de Edicións Xerais después del verano, en la primera semana de octubre.

Novela da vida, crónica da lectura de Manuel Rivas

Manuel Bragado, o director de Xerais, publica no seu blog a crónica da lectura realizada onte por Manuel Rivas na Feira do Libro da Coruña. No acto presentouse o avance d’ As voces baixas, que xerais publicará na colección Narrativa durante a primeira semana de outubro. Empezou forte a Feira do Libro da Coruña.

Manuel Rivas na Feira do Libro da Coruña

O mércores, 1 de agosto, ás 20:00 horas, Manuel Rivas realizará unha lectura de fragmentos da súa obra: un conto inédito de O máis estraño, un  capítulo de Todo é silencio e inéditos do libro de próxima aparición en Xerais titulado  As voces baixas. Ao remate da lectura, Manuel Rivas asinará exemplares da súa obra.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Xerais participa na Feira do Libro da Coruña, que terá lugar nos Xardíns Méndez Núñez do 1 ao 10 de agosto, co seguinte programa de presentacións e sinaturas: Día 1 mércores 20:00 h.

A Libreira celebra un Encontro de Fin de ano literario-musical, o día 23, con Manuel Rivas e «O máis estraño»

A Libreira (Rúa Luís Seoane 2, O Temple) organiza para o próximo venres 23 de decembro, a partir das 20 horas, un Encontro de Fin de ano con acompañamento musical en torno ao libro O máis estraño, de Manuel Rivas. O autor será o convidado especial e asinará exemplares do seus libros ao rematar o acto.

Do Premio Xerais de Novela 2011 ao nacionalismo de Luís Soto, pasando polas tradicións galegas do Nadal. Repaso de novidades de D. Vilavedra

Do Premio Xerais de Novela 2011 ao nacionalismo de Luís Soto, pasando polas tradicións galegas do Nadal. Repaso de novidades de D. Vilavedra

Dolores Vilavedra realiza no suplemento Luces de El País o seu periódico repaso de novidades. Reproducimos os textos referidos aos libros de Xerais. Extramunde, de Xavier Queipo Tamén en capa dura chega a nós Extramunde de Xavier Queipo, un merecidísimo -xulgando sen saber cales foron as outras obras concursantes- Premio Xerais 2011. Con esta novela o autor demostra que a vontade de estilo non está rifada coa eficacia narrativa.

«O máis estraño», de Manuel Rivas: un cuarto de século abrindo camiños narrativos. Crítica de Armando Requeixo

«O máis estraño», de Manuel Rivas: un cuarto de século abrindo camiños narrativos. Crítica de Armando Requeixo

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Armando Requeixo sobre O máis estraño, de Manuel Rivas.     O Rivas máis estraño Logo de máis dun cuarto de século abrindo camiños narrativos e explorando territorios da escrita, Manuel Rivas ten gañado, por dereito propio, un posto de honra na escudería de clásicos modernos da nosa literatura.

Manuel Rivas, entrevistado no programa «Sin rodeos» de Localia

Con motivo da aparición d’ O máis estraño. Contos reunidos, Manuel Rivas o mércores 7 de decembro foi convidado a participar no programa «Sin rodeos» de Localia A Coruña, no que conversou cos xornalistas Mónica Martínez e José Luis Gómez.

O lirismo e a retranca dos contos de Manuel Rivas en «O máis estraño». Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

O lirismo e a retranca dos contos de Manuel Rivas en «O máis estraño». Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre O máis estraño, de Manuel Rivas.   A narrativa breve de Rivas Xerais ofrécenos neste volume a maior parte da narrativa breve de Rivas.

O abalo das emocións en «O máis estraño», de Manuel Rivas. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O abalo das emocións en «O máis estraño», de Manuel Rivas. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre O máis estraño, de Manuel Rivas. «O máis estraño», a narrativa breve de Manuel Rivas Cun esforzo loable sen ningunha dúbida Edicións Xerais reúne neste volume practicamente toda a narrativa breve de Manuel Rivas.

Crónica sobre «O máis estraño», de Manuel Rivas, en El País

O diario El País publica hoxe unha crónica de Tommaso Koch sobre O máis estraño, de Manuel Rivas. Efímera antología de cerillas Un gesto seco e instantáneo. Una chispa enciende la cabeza roja del palillo. Y de repente se hace la luz. La iluminación efímera, sin embargo, dura el tiempo que la llama tarda en devorar a la cerilla.