Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_meu_andel

Un relato imprescindible nestes tempos de reggaeton.: «Música no faiado», de Miguel Ángel Alonso Diz. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre o libro Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz, ilustrado por Laura Tova. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Merlín.

A mistura da nosa tradición vedraña cos recursos máis actuais da narración: «Besta do seu sangue», de Emma Pedreira. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela Besta do seu sangue, de Emma Pedreira. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2018, e está publicado por Xerais na colección Narrativa. Emma Pedreira, «Besta do seu sangue» Narrar unha historia que goza de certa popularidade resulta arriscado; máis aínda cando xa foi tratada por outros autores dende distintas perspectivas.

Unha reflexión sobre a soidade á que se ven abocados os perdedores: «O meu nome é Ninguén», de Manuel Esteban. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. Manuel Esteban, «O meu nome é ninguén» Manuel Esteban xa nos sorprendeu fai dous anos coa súa primeira novela, A ira dos mansos, que chegou a nós avalada por todo un Premio Xerais. E iso é moito dicir para un autor novel.

Unha novela dura, tráxica, pero necesaria para lembrarnos que debemos ficar alerta ante os abusos dos poderosos e dos fanáticos: «Lapis na noite», de Ramón Nicolás. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela Lapis na noite, de Ramón Nicolás. Ramón Nicolás, «Lapis na noite» Ramón Nicolás, un dos nosos críticos literarios máis destacados, lánzase de novo ao outro lado e publica a súa segunda novela logo do éxito acadado con “O espello do mundo”.

Unha novela na que o lirismo supura en cada páxina para facernos a violencia un pouco máis dixerible: «A crueldade de abril», de Diego Ameixeiras. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras. Diego Ameixeiras, «A crueldade de abril» «A crueldade de abril» é a proba palpable de que tamén na sordidez e na violencia podemos atopar poesía.

Unha historia entretida, rompedora na súa forma e que deixa unha fonda pegada no lector: «Fóra de si», de Suso de Toro. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela Fóra de si, de Suso de Toro. Suso de Toro, «Fóra de si» O regreso de Suso de Toro á novela sempre é unha boa noticia. Porque significa a volta dun clásico en vida que xa nos ten amosado en numerosas ocasións a súa habilidade narrativa (de seguro que virán á vosa mente unha chea de títulos).