Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_meu_gato_é_un_poeta

O alumnado de Primaria do CEIP Manuel Sueiro elabora un video cunha canción a partir da poesía infantil de Fran Alonso

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Manuel Sueiro de Ourense elaborou vídeo cunha canción composta a partir dos libros de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos e O meu gato é un poeta, de Fran Alonso.

Adaptación teatral de «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso, nas Xornadas Municipais de Teatro Escolar, con alumnos de 1º ciclo de Primaria

O CEIP Canicouva, da man da profesora Chus Pereiro, levou á escena o libro de poemas O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, con alumnos e alumnas de 1º ciclo de Primaria, para representalo nas V Xornadas Municipais de Teatro Escolar que se celebraron o pasado mes de maio no Auditorio do Concello de Vigo. Reproducimos a gravación da representación teatral que se fixo no propio centro.

Recurso didáctico: «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso, como álbum ilustrado. Anotación en Álbums ilustrados e outras linguaxes

O blog Álbums ilustrados e outras linguaxes publicou unha anotación sobre o libro O meu gato é un poeta, de Fran Alonso.   ¿Por qué trabajar con álbumes ilustrados? Antes de proceder a analizar detenidamente el libro elegido, es necesario señalar que entendemos por álbum ilustrado y cuales han de ser sus principales características.

Nenos de Salvaterra versionan en vídeo o Manual para ser poeta que inclúe «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso

Os alumnos de 3º de Primaria do CEIP Infante Felipe de Salvaterra fixeron un vídeo, publicado no blog Prac-Tic-Ando-en Primaria a partir do «Manual para ser poeta», do libro O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, libro arredor do que realizaron un intenso traballo durante o curso.

A poesía abre o apetito. Vídeo sobre «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso

Un grupo de nenos e nenas de 3º de Primaria da aula de música do  CPI Virxe da Saleta, de Cea, elaboraron un vídeo, «A poesía abre o apetito», a partir dun dos poemas de O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, quen publica na súa web unha páxina de recursos didácticos sobre o libro que inclúe tamén esta ficha de traballo en pdf elaborado polo Club de Lectura do CPI O Rosal.

Fran Alonso: en «Ninguén» vese que nos agochamos detrás da tecnoloxía e iso modifica o noso comportamento. Entrevista de Marcos Pérez Pena

Praza Pública publicou unha entrevista de Márcos Pérez Pena con Fran Alonso na que fala dos seus últimos libros: Ninguén e O meu gato é un poeta, entre outras cuestións.

Os trabalinguas de «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso, nun vídeo

No C.E.P. Sequelo de Marín elaboraron un vídeo cos nenos e nenas de 2º de primaria a partir dos poemas con trabalinguas de O meu gato é un poeta, de Fran Alonso.

Crítica de Ánxela Gracián sobre «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso, en Protexta

Ánxela Gracián publicou en Protexta unha recensión crítica de O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, libro do que estes días sae á luz a 2ª edición.

Mercedes Cerdeiras recomenta «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso, na páxina infantil da CRTVG

Mercedes Cerdeiras, responsable da Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña, recomenda na sección infantil da páxina web da CRTVG, auspiciada por GALIX, o libro O meu gato é un poeta, de Fran Alonso. Reproducimos a súa recomendación: O gato de Fran Alonso é poeta, un poeta 2.

Crítica de Paula Fernández sobre «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica unha recensión crítica de Paula Fernández sobre O meu gato é un poeta, de Fran Alonso. Reproducímola integramente: Orixinal proposta Xogando coas palabras O gato poeta, que escribe porque lle peta, resulta ser, sen dúbida, un atípico –aínda que auténtico– coñecedor das palabras, un sabedor da linguaxe e mais dos sons.

«O meu gato é un poeta», de Fran Alonso: xogar coas palabras ensina que a poesía é un globo

A pasada fin de semana, Agatha de Santos publicou no Faro de Vigo unha crónica sobre O meu gato é un poeta, a raíz do espectáculo poético-musical que están realizando Fran Alonso e Xurxo Souto sobre o libro.

Espectáculo poético-musical «O meu gato é un poeta» na Coruña este venres 20, con Fran Alonso e Xurxo Souto

Este venres 20 de maio, ás 18,30 h da tarde, na Biblioteca da Asociación de Veciños de Monte Alto (Campo de Marte s/n) da Coruña terá lugar o espectáculo poético-musical O meu gato é un poeta dirixido a nenos e nenas de 4 anos en diante e tamén a adultos, no que participarán o escritor Fran Alonso e o músico Xurxo Souto. O acto está organizado por Xerais e pola Librería Sisargas da Coruña.