Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_meu_nome_é_ninguén

A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

#envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

O libro: «O meu nome é Ninguén», de Manuel Esteban, protagonizará unha nova edición do programa Tertulias Literarias. Noticia no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou una noticia sobre a posta en marcha do programa de animación á lectura Tertulias Literarias, que se celebrará en Ourense no mes de xaneiro e que versará sobre o libro: O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A noticia pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

O cliché do detective: «O meu nome é ninguén», de Manuel Esteban. Anotación de Eva Moreda en «Biosbardia»

Eva Moreda publicou en Biosbardia unha crítica sobre o libro: O meu nome é ninguén, de Manuel Esteban,  publicado por Xerais na colección Narrativa.

Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban falan sobre a relación da cidade de Vigo coa literatura. Noticia no xornal «Atlántico Diario»

O xornal Atlántico Diario publicou unha noticia sobre a mesa redonda que mantiveron os escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban, xunto co director de Xerais, Fran Alonso, no marco da Feira do Libro de Vigo, para falar sobre a relación entre a cidade de Vigo e a literatura.

O Vigo literario da man dos escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban. Entrevista en Radio Vigo

A emisora Radio Vigo, de Ser Galicia, emitiu unha entrevista cos escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban para falar sobre o Vigo literario, con mención aos libros: Infamia, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, A ira dos mansos, O meu nome é Ninguén, Camiñar o Vigo Vello, Os fillos do mar e A memoria da choiva, todos eles publicados por Xerais. As súas intervencións poden escoitarse nesta ligazón.

Manuel Esteban: «Quería presentar o personaxe de Carlos Manso como un policía rudo e bronco, pero non fun capaz» Entrevista en Nueva Revolución sobre «A ira dos mansos» e «O meu nome é ninguén»

A web Nueva Revolución publicou unha entrevista de Iria Bouzas ao escritor Manuel Esteban sobre os libros: A ira dos mansos (Xerais, 2016) e O meu nome é ninguén (Xerais, 2019).

Un libro que atrapa e permite ler sen querer facer nada máis: «O meu nome é Ninguén», de Manuel Esteban. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban Gustoume a proposta que realiza Manuel Esteban en O meu nome é Ninguén, publicado pola editorial Xerais, novela negra que a pesar de caer nalgúns clixés, sae airosa.

Manuel Esteban: «Aproveito a voz do inspector Manso para falar de cousas que me proen a min» Entrevista no «ZigZag» sobre o libro: «O meu nome é Ninguén»

O programa ZigZag da Televisión de Galicia emitiu unha entrevista co escritor Manuel Esteban sobre a súa novela: O meu nome é Ninguén. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Unha reflexión sobre a soidade á que se ven abocados os perdedores: «O meu nome é Ninguén», de Manuel Esteban. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. Manuel Esteban, «O meu nome é ninguén» Manuel Esteban xa nos sorprendeu fai dous anos coa súa primeira novela, A ira dos mansos, que chegou a nós avalada por todo un Premio Xerais. E iso é moito dicir para un autor novel.

Unha novela negra de fonda reivindicación social: «O meu nome é ninguén», de Manuel Esteban. Crítica de Pilar Ponte no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre a novela: O meu nome é ninguén, de Manuel Esteban. O libro está editado por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Manuel Esteban: «O que fai calquera novelista é construir cabalos de madeira nos que van agochadas aquelas cousas que nos proen por dentro» Entrevista en Televigo sobre: «O meu nome é Ninguén»

Televigo emitiu unha entrevista con Manuel Esteban sobre a novela: O meu nome é Ninguén, da que é autor Manuel Esteban. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 16´.