Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_meu_nome_é_ninguén

Vídeo da presentación de: «O meu nome é Ninguén», de Manuel Esteban, na Libraría Cartabón de Vigo

O venres, día 5 de outubro de 2018, presentouse na libraría Cartabón de Vigo o libro: O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban. O acto contou coas intervencións de Ledicia Costasl, Manuel Bradado e o autor. A presentación foi recollida no seguinte vídeo.

«O meu nome é Ninguén» de Manuel Esteban e «A balada dos unicornios» de Ledicia Costas, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de outubro

O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban, é o segundo libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de setembro. En terceiro lugar sitúase outro texto de Xerais: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas.

Manuel Esteban: «Asistimos a un grande entroido perenne no que ninguén é o que parece». Entrevista en «Faro de Vigo» sobre o libro: «O meu nome é Ninguén»

O suplemento Faro da Cultura do xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao médico e escritor Manuel Esteban sobre o libro: O meu nome é Ninguén. A entrevistas poden lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha trama vizosa que atrapa ao lector case sen que este se dea conta. Anotación de Pedro Feijóo sobre: «O meu nome é ninguén», de Manuel Esteban.

O escritor Pedro Feijóo publicou no seu blog Un Consentido Común unha anotación sobre a novela: O meu nome é ninguén, de Manuel Esteban.   O meu nome é ninguén, de Manuel Esteban Xerais é unha gran familia.

Presentación en Vigo de “O meu nome é Ninguén” de Manuel Esteban

O venres 5 de outubro ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro O meu nome é Ninguén de Manuel Esteban. O autor estará acompañado por Ledicia Costas e Manuel Bragado.

Reflexións desesperadas que ao lector lle chegan moi dentro. «O meu nome é Ninguén», de Manuel Esteban. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban.   Crítica de «O meu nome é Ninguén» (Manuel Esteban, Xerais)     O bicho prendeu. Adoita acontecer.

Unha novela chea de sombras e poboada de perdedores e fracasados: «O meu nome é ninguén», de Manuel Esteban. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre a novela: O meu nome é ninguén, de Manuel Esteban.

Unha trama policial con moitas arestas protagonizada polo inspector Carlos Manso: «O meu nome é ninguén», de Manuel Esteban. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: O meu nome é ninguén, de Manuel Esteban.   O meu nome é ninguén, de Manuel Esteban Retorna, e alégrome que así sexa, Manuel Esteban, tras acadar o premio Xerais 2016 con A ira dos mansos, ao ámbito da narrativa con esta nova novela titulada O meu nome é Ninguén.

Novidade: «O meu nome é ninguén», de Manuel Esteban. Un manual de filosofía para perdedores onde ninguén é o que parece

O meu nome é ninguén, de Manuel Esteban, é unha novidade da colección Narrativa. Carlos Manso é un inspector de policía desencantado tras vinte anos de oficio polas beirarrúas da sociedade. Un antiheroe en pleno declive persoal que fai do fracaso a súa marca de identidade.