Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_meu_primeiro_celso_emilio

O concerto «O meu primeiro Celso Emilio» estará o venres en Rubiáns (Vilagarcía)

Tanto Faro de Vigo como Diario de Arousa informan sobre o concerto O meu primeiro Celso Emilio, no que participarán María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra. O concerto está baseado no álbum infanitl ilustrado O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales.

Vídeo de «O meu primeiro Celso Emilio» en concerto

Reproducimos o vídeo, producido por Casa de Tolos, das actuacións musicais durante a presentación do álbum O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales. O concerto tivo lugar o pasado 6 de marzo no Teatro Colón da Coruña e actuaron María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra.

O Teatro Colón da Coruña cantaralle mañá a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario. Concerto con Xiana Lastra, María Manuela, Mini e Mero

O xornal El Ideal Gallego publicou unha ampla reportaxe sobre o espectáculo en torno ao  álbum O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales , que vai ter lugar mañá mércores, 6 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Colón da Coruña, co concerto O meu primeiro Celso Emilio, no que participarán María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra.

“O meu primeiro Celso Emilio” en concerto na Coruña

O mércores, 6 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Colón da Coruña, terá lugar o concerto O meu primeiro Celso Emilio, no que participarán María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra. Este acto, organizado pola Fundación Celso Emilio Ferreiro e Xerais,  conta con proxeccións, intervencións e actuacións musicais  que os autores ofrecen arredor do libro O meu primeiro Celso Emilio.

«O meu primeiro Celso Emilio» continúa conquistando lectores e lectoras

O álbum infantil O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales presentouse durante o Nadal na Mariña luguesa, na Pontenova, presentación da que deu conta La Voz de Galicia. Proxeccións, intervencións e actuacións musicais conforman o espectáculo que os autores ofrecen arredor do libro e que está a encher as salas onde se realizan.

Reportaxe sobre o libro-CD «O meu primeiro Celso Emilio» no Zig zag

O programa Zig zag da TVG emitiu unha reportaxe sobre libro-disco O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales.

O Jofre encheuse para escoitar os poemas musicados de «O meu primeiro Celso Emilio»

O Diaro de Ferrol publicou unha información sobre o concerto de presentación, no Teatro Jofre de Ferrol, do libro-disco O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales.

Poesía, música e concertos en «O meu primeiro Celso Emilio». Un traballo dos Lastra. Hoxe en Ferrol

A edición de Ferrol de La Voz de Galicia publica unha información de José M. Ameneiros sobre o libro-disco O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales. Así mesmo, tamén o Diario de Ferrol publica unha información sobre este libro-disco e o concerto que hoxe se celebra, ás 21:00 horas, no Teatro Jofre. A noticia deste xornal pode lerse aquí en pdf.

Concerto sobre «O meu primeiro Celso Emilio Ferreiro» no Teatro Jofre de Ferrol o vindeiro venres

O Diaro de Ferrol publicou unha información de Nicolás Vidal sobre o libro-disco O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales, que foi presentado a pasada semana nun concerto en Lugo e que o vindeiro venres se presenta no Teatro Jofre de Ferrol.

Música e poesía no concerto en torno ao libro «O meu primeiro Celso Emilio», de Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales

El Progreso de Lugo publicou unha información de Marta Veiga sobre o concerto en torno ao libro disco O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales.   O Círculo de Lugo recupera a Celso Emilio Ferreiro a catro voces María Manuela, Mini e Mero e Xiana Lastra ofreceron un espectáculo que conxugou a poética do autor de Celanova coa música LUGO.

“O meu primeiro Celso Emilio” en concerto

O venres, 9 de novembro, ás 20 horas, terá lugar o concerto O meu primeiro Celso Emilio no Círculo das Artes de Lugo. Actuarán María Manuela, Mini e Mero e Xiana Lastra.

O libro disco «O meu primeiro Celso Emilio Ferreiro», no blog da Asesoría Bibliotecas Escolares

O libro disco O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales, é obxecto de atención por parte do blog Rede Lectura, da Asesoría de Bibliotecas Escolares.