Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_miño

Arqueoloxía, etnografía, cultura, economía, historia: «O Miño. Un caudal de historia», de Anselmo López Carreira. Crítica de Emilio Xosé Ínsua

Emilio Xosé Ínsua publica no seu blog unha anotación sobre O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira.   O MIÑO. UN CAUDAL DE HISTORIA, de Anselmo López Carreira Edicións Xerais ofrece na súa colección Libro X este ameno ensaio do historiador e recoñecido medievalista Anselmo López Carreira, vigués de nacemento (1951) e ourensán de infancia.

A historia, o río e as revoltas populares: «O Miño. Un caudal de historia», de Anselmo López Carreira. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira.

Anselmo López Carreira: «Viaxar polo Miño é unha excursión magnífica»

O programa Galicia por Diante da Radio Galega emitiu unha entrevista ao historiador Anselmo López Carreira sobre O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira.

Anselmo López Carreira: «As concas do Miño e do Sil percorren toda a Gallaecia histórica»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Xiana Arias ao historiador Anselmo López Carreira sobre O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira.

«Amor en alpargatas», de Manuel Portas e «O Miño. Un caudal de historia» de Anselmo López Carreira encabezan o ranquing da Tabela dos libros de marzo

Amor en alpargatas, de Manuel Portas, e O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira, sitúanse no primeiro e terceiro posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de marzo na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Histórico, identitario, ensaístico, confesional: «O Miño. Un caudal de historia», de Anselmo López Carreira. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet unha recensión crítica sobre O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira.     Isto si que é un ensaio En todas as literaturas e non só na galega, adoitan pasar por ensaios obras que non son outra cousa que resumos ou adaptacións de memorias, estudos ou incluso teses de doutoramento.

O río que vertebra a nosa identidade: «O Miño. Un caudal de historia», de Anselmo López Carreira

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira..

Novidade: «O Miño. Un caudal de historia», de Anselmo López Carreira: o devir da historia a través dun río

O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira, é unha novidade da colección LIBROX. O Miño, atravesando toda Galicia en diagonal (ou toda a Gallaecia xuntándolle o Sil), constitúe un factor de primeira magnitude no cicelado da historia do país. O seu fluír vainos suxerindo momentos moi diversos que se nos presentan sen orde cronolóxica.