Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_monstro_das_palabras

Feira do Libro de Vigo, programa definitivo de actos para esta semana

A inoportuna coincidencia na Praza de Compostela da celebración da Feira do Libro de Vigo e da proxección dos partidos do campionanto mundial de fútbol, obriga a editorial a cancelar a presentación da novela de Marcos Calveiro, O pintor do sombreiro de malvas, prevista para o vindeiro mércores.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Xerais adianta a relación das presentacións que ten previsto realizar na Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na Praza de Compostela do 2 ao 11 de xullo. A estes actos engadiranse diversas asinaturas de autores e autoras que anunciaremos nos vindeiros días.

«O monstro das palabras» de María Reimóndez, crítica de María Navarro

CARÁCTER REIVINDICATIVO A autora de Lía e as zapatillas de deporte ou Usha vén de publicar tamén na colección Merlí de Edicións Xerais de Galicia O monstro das palabras, un libro no que unhas rapazas descobren, axudadas pola súa mestra, que un ser perverso e maligno afánase cada certo tempo en comerlle as palabras á lingua e con iso evitar que a xente se relacione, pense e evolucione.

«O monstro das palabras» de María Reimóndez

Dentro de tres semanas chegarán ás librarías os primeiros exemplares d’ O monstro das palabras, a nova novela de María Reimóndez para os lectores novos (de 11 anos en diante).

Xerais, próximas novidades infantís e xuvenís

Anunciamos o programa de novidades infantís e xuvenís preprado pola editorial até finais de 2009: XERAIS MERLÍN Mil cousas poden pasar. Libro I. Jacobo Fernández Serrano (texto e ilustracións). Premio Merlín de Literatura Infantil 2009. Novela. Acartonado. Merlín 9 en diante. Valados. Agustin Fernández Paz (texto) e Xan López Domínguez (ilustracións). Conto. Acartonado. O maquinista Antón.