Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_profesor_de_vegliota

Manuel Veiga: «O carácter dun escritor non se pode falsear. A obra é como unha psicanálise.»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez ao escritor e xornalista Manuel Veiga.     Manuel Veiga Taboada: «Manuel María e Saleta, a súa muller, que rexentaban a libraría Xistral, foron, en parte, a miña universidade a efectos literarios» Manuel Veiga Taboada (Monforte de Lemos, 1960). Narrador galego, especializado en xornalismo e tamén ensaísta.

As mellores novelas de 2008

Énchenos de satisfacción que o crítico X.M. Eyre escolla oito dos nosos títulos do pasado ano entre as mellores novelas de 2008. Sen dúbida, unha moi boa colleita.

Finalistas premios AELG2008

Déronse a coñecer hoxe as obras finalistas dos premios AELG as mellores obras literarias do pasado ano 2008. En case todas as categorías son numerosas as obras editadas pola editorial.  Os membros da AELG poderán emitir o seu voto ata o 5 de maio. Literatura infanto-xuvenil (Aelg-Gálix): 1. A Cabeza de Medusa, Marilar Aleixandre 2. Caderno de animalista, Antón Fortes Torres 3. Fume, Antón Fortes Torres 4.

«Libro galego do ano», comezan as votacións na rede

Xa comezaron as votacións na rede para escoller o «Libro galego do ano», elección promovida polo diario El Progreso e o diario electrónico Galiciae. Entre as quince obras aspirantes, atópanse as seguintes publicadas por Xerais: Festina lente de Marcos Calveiro (novela). Atracción total de Carmen Blanco (narrativa). As mellores intencións de Begoña Paz (novela). O profesor de vegliota de Manuel Veiga (novela).

«O profesor de vegliota», crítica en «Culturas»

«O profesor de vegliota», crítica en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o pasado 2 de agosto no suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha crítica sobre O profesor de vegliota, a novela de Manuel Veiga publicada en Xerais Narrativa. reproducimos o texto: METÁFORA DA DESTRUCIÓN.

Un mundo e unha lingua que están a desaparecer

Un mundo e unha lingua que están a desaparecer

Manuel Rodríguez Alonso publica no Cartafol de Vieiros unha crítica sobre O profesor de vegliota, a novela de Manuel Veiga. Recollemos os dous derradeiros parágrafos do texto: Neste mundo de alleados, que desprezan a súa lingua e cultura, que destrúen a súa paisaxe, o profesor de vegliota defende a lingua das sete vogais ou ponlle un nome galego á filla. É un elemento perigoso.

“O profesor de vegliota”, crítica en Protexta

“O profesor de vegliota”, crítica en Protexta

“O profesor de vegliota”, escrita no límite

“O profesor de vegliota”, escrita no límite

Manuel Veiga confesou na presentación d’ O profesor de vegliota que escribiu esta novela no límite, na fronteira do que se podía dicir ou do que se podía pensar sobre a cuestión da desaparición da lingua. “Creo que os grandes libros nacen cando o autor explora os límites, cando trata de chegar aos límites e facer as preguntas máis extremas sobre a sociedade e sobre as súas propias ideas e crenzas.

Entrevista a Manuel Veiga

Entrevista a Manuel Veiga

Faro da cultura publica unha longa entrevista con Manuel Veiga, a raíz da presentación d’ O profesor de vegliota, que terá lugar o sábado 5 de xullo na Feira do libro de Vigo. Premendo sobre a imaxe, pode lerse u imprimirse o texto.

Rectificamos

Comunícannos os amigos de Lg3 que na súa páxina xa saíra unha crítica, feita por Anxos García Fonte, de O profesor de vegliota de Manuel Veiga o pasado 28 de abril. Non coñeciamos tampouco as críticas aparecidas sobre A cultura do pan de Xosé Lois Ripalda, esta a cargo de Xurxo M. Ayán o 5 de maio. A cadaquén, o seu.