Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_rastro_que_deixamos

O libro do sosego: «O rastro que deixamos» de Agustín Fernández Paz. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica sobre O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

A calidade e a beleza da prosa en «O rastro que deixamos» de Agustín Fernández Paz. Crítica na revista Peonza

A revista Peonza publicou unha recensión crítica sobre O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz. Entre outras moitas cousas, na recensión sublíñase que «O rastro que deixamos brilla por el orden en la estructura de los textos, y por la calidad y belleza de la prosa». A recensión pode descargarse en pdf neste enlace.

Engaiolante crónica enchoupada de emoción: «O rastro que deixamos» de Agustín Fernández Paz. Crítica de Eulalia Agrelo Costas

Eulalia Agrelo Costas publicou en El correo Gallego unha recensión sobre O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz.

«O rastro que deixamos», «Cartas de inverno» e «O corazón de Xúpiter», galardoados nos Premios da Edición

O pasado venres falláronse en Vigo os Premios da Edición, convocados pola Asociación Galega de Editores, pretenden recoñecer e distinguir a excelencia do traballo editorial realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2012 en Galicia. Tanto Manuel Bragado, presidente da AGE, como diversos medios de comunicación deron conta da noticia.

Respirando a Agustín Fernández Paz. Artigo de Ruth Fernández

Ruth Fernández publica en Galicia hoxe un artigo sobre Agustín Fernández Paz e O rastro que deixamos .   O rastro que deixamos Con motivo dos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) deste ano celebrados a pasada semana en Santiago de Compostela, tiven a sorte de poder desfrutar das palabras do meu ben querido amigo, o escritor que sigo dende nena, Agustín Fernández Paz.

Crear un cosmos cos fíos da vida: «O rastro que deixamos» de Agustín Fernández Paz. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo recolle no seu blog unha recensión crítica que publicou no último número de protexta  baixo o título «Pegadas literarias» sobre O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz.

Os Premios Fervenzas Literarias 2013 recoñecen autores e libros de Xerais e a propia editorial

A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos internautas e lectores do portal a través de 453 fichas de votación. Esta é unha fermosa iniciativa que dá pé á participación e á opinión dos lectores e lectoras, a quen agradecemos os excelentes resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.

A esencia de Agustín Fernández Paz: palabra, lingua e literatura. Artigo de Xavier Castor sobre «O rastro que deixamos»

Xavier Castro Rodríguez publicou no Galicia hoxe un artigo sobre O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz.   A memoria no oficio de escribir Nesta miscelánea de textos, creados en tempos e lugares diferentes, está a esencia de Agustín Fernández Paz como escritor, creador e, naturalmente, como individuo comprometido e consecuente con moitas causas; a cerna identificada coa realidade humana e lingüística deste país.

Un libro que tamén protagoniza Vilalba: «O rastro que deixamos», de Agustín Fernández Paz

O xornal El Progreso publicou unha crónica de Cristina Arias da presentación de O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz, en Vilalba.   Verbas chairegas para a terra Verbas chairegas de escritores chairegos. Froito da semente dunha terra que viu nacer a moreas de escritores, dous libros máis súmanse á longa lista de obras publicadas ao redor da Terra Chá.

Crónica en Brétemas da presentación de «O rastro que deixamos», de Agustín Fernández Paz, en Vilalba

Manuel Bragado publicou en Brétemas unha crónica da presentación de O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz, en Vilalba. Tamén o xornal dixital Terra Chá.xa publicou unha información sobre a presentación.

Agustín Fernández Paz: ««A ambición de escribir a mellor novela sempre está aí»». Entrevista de Lourdes Varela

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha entrevista de Lourdes Varela con Agustín Fernández Paz centrada no seu último libro, O rastro que deixamos.

O ADN íntimo e literario de Agustín Fernández Paz: «O rastro que deixamos». Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz.