Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_sombreiro_chichiriteiro

«O sombreiro Chichiriteiro» de Manuel Rivas

O sombreiro Chichiriteiro de Manuel Rivas. Ilustracións de Patricia Castelao Que conta? Na casa do avó do pequeno Simón, un día de festa apareceu dacabalo dunha avestruz o Chancho Colorao, un home robusto, moi fachendoso, vestido de traxe e botas de montar.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Na Feira do Libro da Coruña, que se celebrará nos xardíns de Méndez Núñez, do 1 ao 10 de agosto, Xerais ten programadas as seguintes actividades: Día 1.  Sábado 18.30    O escritor e xornalista Manuel Rivas asinará exemplares do seu libro O sombreiro chichiriteiro e de toda a súa obra. Día 3.  Luns 20.

“O sombreiro Chichiriteiro”, crítica no “Faro da Cultura”

“O sombreiro Chichiriteiro”, crítica no “Faro da Cultura”

Paula Fernández publicou no Faro da Cultura de onte unha crítica d’ O sombreiro Chichiriteiro, o álbum escrito por Manuel Rivas e ilustrado por Patricia Castelao. Reproducimos o texto na súa totalidade. O sombreiro Chichiriteiro, a primeira obra infantil de Manuel Rivas, amosa o regreso do autor coruñés á literatura de ficción pois dende Os libros arden mal as súas publicacións centráranse no ensaio xornalístico.

Manuel Rivas na Feira do Libro de Santiago

Manuel Rivas na Feira do Libro de Santiago

Mañá luns, 4 de maio, ás 19:00 horas, Manuel Rivas ofrecerá un recital poético.  Ao remate asinará exemplares de  O sombreiro Chichiriteiro,  A corpo aberto e do resto da súa obra.

Xerais na Feira do Libro de Santiago

Xerais preparou un completo programa de actividades de animación para a Feira do Libro de Santiago que se inaugurará o vindeiro venres, 1 de maio. Venres, 1 de maio 13.00 Pregón inaugural a cargo de Teresa Moure. 19.00 O escritor Santiago Jaureguizar, asinará exemplares do seu libro O Globo de Shakespeare (Premio Terra de Melide, 2008) Sábado, 2 de maio 18.

«O sombreiro Chichiriteiro», primeira crítica

«O sombreiro Chichiriteiro», primeira crítica

Reproducimos o texto da primeira crítica aparecido nun medio impreso d’ O sombreiro Chichiriteiro, o álbum infantil  de Manuel Rivas e Patricia Castelao.  Este texto de Lorena Domínguez Mallo foi publicado onte no suplemento «Nós» do Xornal de Galicia. O primeiro libro de Manuel Rivas para nenos (logo de publicar Todo ben e Bala perdida dirixidos ao público xuvenil) é un libro no que a maxia reborda nada máis abrilo.

Manuel Rivas presenta «O sombreiro Chichiriteiro» no Colexio Andaina

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=R69YbTVHHaU] [youtube=https://www.youtube.com/watch?v=f1q6JbsPTI4] Manuel Rivas e Patricia Castelao presentaron o pasado venres O sombreiro Chichiriteiro diante do alumnado do primeiro ciclo de Educación Primaria do Colexio Andaina de Culleredo.

«O sombreiro Chichiriteiro»

«O sombreiro Chichiriteiro»

Manuel Rivas e Patricia Castelao presentaron o pasado venres O sombreiro Chichiriteiro no Colexio Andaina de Culleredo. Pola tarde Rivas asinou exemplares do álbum na Libraría de El Corte Inglés da Coruña. Aquí pódese ver unha interesante entrevista en vídeo publicada na web de La Opinión da Coruña.

2 de abril. Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

2 de abril. Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, Xerais ten previsto realizar os seguintes actos: 1 de abril, mércores, a partir das 18,00 horas, Agustín Fernández Paz, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2008, asinará exemplares de O único que queda é o amor e do resto da súa obra, no departamento de libraría de El Corte Inglés de Vigo.

«O sombreiro chichiriteiro»

«O sombreiro chichiriteiro»

Recollemos a anotación que sobre O sombreiro chichiriteiro, o recente álbum de Manuel Rivas e Patricia Castelao, publican o blog Trafegando ronseis: Proliferan ultimamente os libros infantís con desigual resultado, salvados en moitas ocasións polas fermosas ilustracións que acompañan uns textos que dáme a impresión non chegan en moitas ocasións a nenos e nenas.

«O sombreiro Chichiriteiro», ilustracións de Patricia Castelao

«O sombreiro Chichiriteiro», ilustracións de Patricia Castelao

Velaí unha mostra do extraordinario traballo de ilustración que Patricia Castelao realizou para O sombreiro Chichiriteiro, o primeiro conto infantil de Manuel Rivas.

«O sombreiro Chichiriteiro», Manuel Rivas e Patricia Castelao

«O sombreiro Chichiriteiro», Manuel Rivas e Patricia Castelao

Acaban de chegar da imprenta os primeiros exemplares d’ O sombreiro Chichiriteiro, o primeiro conto infantil de Manuel Rivas, ilustrado por Patricia Castelao. O sombreiro Chichiriteiro comezará a chegar ás librarías galegas a vindeira semana e será presentado na Coruña, con motivo do 2 de abril, día internacional do libro infantil e xuvenil.