Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_último_día_de_terranova

Manuel Rivas: «En situacións críticas como as que vivimos, o escritor ten que ser como o paxaro nunha mina que berra cando hai perigo». Entrevista no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Salvador Rodríguez ao escritor Manuel Rivas sobre os libros: O último día de Terranova , e O Chispas, publicados por Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nestas ligazóns: Entrevista Manuel Rivas Faro de Vigo 1. Entrevista Manuel Rivas Faro de Vigo 2.

O Taboleiro do libro galego publica o listado dos libros máis vendidos no ano 2016

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que nesta ocasión recolle un resumo dos libros máis vendidos durante o ano 2016 a partir da información proporcionada polas librarías galegas. Numerosos libros de Xerais figuran nas listas:   NARRATIVA 1º-. Manuel Rivas,  O último día de Terranova,  Xerais. 4º-. Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais. 5º-.

A novela «O último día de Terranova», de Manuel Rivas, finalista da XIII edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago

A novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas foi elixida hoxe entre as finalistas da XIII edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago, segundo se acaba de facer público. As outras novelas finalistas son: Cicatriz, de Juan Gómez-Jurado; Valor, de Clara Usón; Expo 58, de Jonathan Coe; e La Guitarra Azul de John Banvill.

Manuel Rivas: «Os libros xa forman parte da natureza»

O programa de TVE Página 2 emitiu unha entrevista con Manuel Rivas sobre a súa novela O último día de Terranova. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Hábitat da liberdade: «O último día de Terranova», de Manuel Rivas. Artigo de Antón Patiño

O pintor e poeta Antón Patiño publicou na revista Tempos novos un longo artigo sobre a novela  O último día de Terranova, de Manuel Rivas. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Longa permanencia dos libros máis vendidos: «O último día de Terranova», «Europa Express» e «Escarlatina, a pequena defunta» á que se suma «Historia das historias de Galicia»

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de maio a partir da información proporcionada por 13 librarías galegas. O último día de Terranova, de Manuel Rivas, é o libro máis vendido no ámbito de Narrativa.

Manuel Rivas, María Lado, Antón Cortizas, Antonio G. Teijeiro, Antonio Reigosa e Xosé Cobas, premiados na Gala do Libro Galego por libros publicados por Xerais

Manuel Rivas na categoría de Narrativa, pola súa novela O último día de Terranova; María Lado na categoría de Poesía polo seu libro Oso, mamá, si?; Antón Cortizas na categoría de Teatro, pola súa obra Xogando con gatos; e Antonio García Teijeiro, Antonio Reigosa e Xosé Cobas na categoría de Iniciativa Bibliográfica, pola obra Lendo lendas, digo versos; foron os autores e autoras premiados por libros publicados por Xer

Manuel Rivas: «Ninguén pon esquelas en Internet»

La Voz de Galicia publicou unha entrevista de María Cedrón a Manuel Rivas, que gañou o Premio da Crítica coa súa novela O último día de Terranova. A caricatura da entrevista é de Pinto & Chinto.

Manuel Rivas: «Galicia é unha máscara triste que ten detrás un rostro que ri». Entrevista en La Nación de Bos Aires

O xornal La Nación de Bos Aires publica unha entrevista de Martín Rodríguez Yebra con Manuel Rivas centrada na súa novela O último día de Terranova, que esta fin de semana recibiu o Premio Premio da Crítica.

«O último día de Terranova», de Manuel Rivas, Premio Premio da Crítica, que tamén recoñece a María do Cebreiro no apartado de poesía

O escritor Manuel Rivas resultou galardoado esta fin de semanaco Premio da Crítica que concede a Asociación Española de Críticos Literarios (AECL) pola súa novela O último día de Terranova, publicada por Xerais. Así mesmo, a poeta María do Cebreiro alzouse co premio na modalidade de poesía, coa obra O deserto, publicada por Apiario.

Unha novela para consumir con deleite e gozar: «O último día de Terranova», de Manuel Rivas. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas.   O último día de Terranova Moito gocei coa lectura deste o último libro de Manuel Rivas publicado por Xerais, O último día de Terranova, xa que esta autor ten un don máxico de xuntar as palabras de tal xeito que fai musica con elas e o ritmo lene e poético mantense en todas as súas páxinas.

Obras finalistas dos Premios Gala do Libro Galego 2016

Esta fin de semana déronse a coñecer as obras finalistas dos Premios Gala do Libro Galego 2016, convocados conxuntamente, por primeira vez, pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia. Xerais está representada por un importante número de obras.   Obras finalistas do Premios Gala do Libro Galego 2016 Ensaio Carlos Maside.