Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_único_que_queda_é_o_amor

A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

#envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

Oito títulos de Xerais, entre os mellores libros da ficción literaria galega dos últimos vinte anos. Reportaxe en «Vinte»

Publicouse en Vinte unha reportaxe asinada por María Yáñez e Berta Dávila na que se da conta dunha selección dos vinte mellores títulos da ficción literaria escrita en galego publicados nos últimos 20 anos. Na escolma participaron vinte homes e vinte mulleres que gardan relación de diferentes maneiras co ámbito do libro.

Excelente presenza dos libros de Xerais entre os 50 máis lidos nos Clubs de Lectura

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.

Para ler cun chocolate quente: «O último que queda é o amor», de Agustín Fernández Paz

O blog  Mil y una historias, levado por unha estudante, recensionou o libro O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz.     Reseña Express: «O último que queda é o amor» ¡Ola lectores! una vez máis chegou o turno de reseñaros un libro moi especial, xa que está en galego, a miña lingua natal e creo que é un libro que concorda bastante ben co estilo do blog.

«O único que queda é o amor», de Agustín Fernández Paz, traducido ao coreano

A editorial Booklight acaba de publicar a tradución ao coreano de O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz.

Publícase un relato de «O único que queda é o amor», de Agustín Fernández Paz en «Best European Fiction 2012»

Publicouse xa o libro Best European Fiction 2012, onde aparece o relato «This Strange Lucidity», de Agustín Fernández Paz, pertencente ao libro O único que queda é o amor. Agustín Fernández Paz é o primeiro autor galego en ser incluído na antoloxía Best European Fiction 2012, que edita a editorial Dalkey Archive Press.

Agustín Fernández Paz, o primeiro galego incluído na antoloxía Best European Fiction 2012

Tal e como informaron diversos medios de comunicación, Agustín Fernández Paz é o primeiro autor galego que vai ser incluído na antoloxía Best European Fiction 2012, que edita a editorial Dalkey Archive Press. Agustín formará parte da antoloxía, que é responsabilidade de Aleksandar Hemon, co relato «Esta estraña lucidez», que forma parte do libro O único que queda é o amor.

«O único que queda é o amor» e «A noite do risón» incluídos na Lista de Honra do IBBY 2010

Forest Zhang, director de Administración do IBBY, comunicou a editorial a inclusión na Lista de Honra do IBBY 2010 d’ O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz e d’ A noite d’ O Risón de Gonzalo Moure pola calidade da tradución realizada por Ignacio Chao. Ambos os dous títulos foron publicados a finais do ano 2007 na colección xuvenil ilustrada.

Fallados os Premios Martín Sarmiento 2009

Acabamos de coñecer o fallo da quinta edición do Premio Frei Martín Sarmiento, organizado polos equipos de Normalización Lingüística da FEREGA e outorgado por máis de cinco mil lectores e lectoras. Foron premiadas tres obras publicadas por Xerais ao longo do pasado ano 2007: Fina CASALDERREY: A lagoa das nenas mudas, colección Sopa de Libros (categoría de 3º a 5º de primaria).

2 de abril. Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

2 de abril. Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, Xerais ten previsto realizar os seguintes actos: 1 de abril, mércores, a partir das 18,00 horas, Agustín Fernández Paz, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2008, asinará exemplares de O único que queda é o amor e do resto da súa obra, no departamento de libraría de El Corte Inglés de Vigo.

Biblioteca Agustín Fernández Paz en Gondomar

Biblioteca Agustín Fernández Paz en Gondomar

O IES Auga da Laxe (Gondomar) acordou poñerlle á súa biblioteca o nome do escritor Agustín Fernández Paz. Os responsables do centro nunha nota salientan que «É para nós unha satisfacción levar adiante esta iniciativa que queremos que sirva como unha pequena homenaxe a un dos autores máis importantes da literatura infantil e xuvenil galega.