Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_xogo_de_babel

Presentación en Pontevedra de “O xogo de Babel” de Elena Gallego Abad

O xoves 23 de novembro de 2017, ás 20,00 horas, na Libraría Paz, rúa Peregrina, 29, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro O xogo de Babel de Elena Gallego Abad. No acto acompañarán á autora,  Ramón Rozas e Manuel Bragado.

«Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso, en Cada día un libro, da TVG

 O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, de Fran Alonso, ilustrado e deseñado polo propio autor. O programa pode verse nesta ligazón.

Elena Gallego Abad: «Con ‘O xogo de Babel’ atopei unha voz propia como narradora»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Elena Gallego Abad sobre a súa novela O xogo de Babel, de Elena Gallego Abad. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Marín de “O xogo de Babel” de Elena Gallego Abad

O venres, 29 de setembro, 2017, ás 20:00 horas, no Museo Manuel Torres, avda. Ourense, 3, Marín, terá lugar a presentación da novela O xogo de Babel de Elena Gallego Abad. No acto, organizado polo Ateneo Santa Cecilia, participarán Susana Arizaga, Manuel Bragado e Elena Gallego Abad.

«O xogo de Babel», de Elena Gallego Abad, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela O xogo de Babel, de Elena Gallego Abad. O programa pode verse nesta ligazón.

Elena Gallego Abad: «Se queres enganchar ao lector, tes que facer que visualice cousas»

La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Yolanda García coa escritora Elena Gallego Abad sobre a súa súa novela O xogo de Babel. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017

Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha crónica da actividade e presentacións dos libros de Xerais na Feira do Libro da Coruña.       Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017 Rematamos onte tres días de intensa participación na Feira do Libro da Coruña.

Tensión amorosa de alta voltaxe: «O xogo de Babel», de Elena Gallego Abad. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela O xogo de Babel, de Elena Gallego Abad.     Elena Gallego Abad, O xogo de Babel Elena Gallego é unha das autoras máis recoñecidas da literatura galega actual no eido da fantasía. A saga de Dragal conquista cada ano a milleiros de lectores e a calidade das súas historias e mundos e sorprendente.

Elena Gallego Abad: «Esta novela é especial»

A emisora Onda Cero emitiu unha entrevista con Elena Gallego Abad sobre a súa nova novela O xogo de Babel. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón a partir do minuto 0:37.

Elena Gallego: «Non se pode normalizar unha lingua e non escribir nunca “Quérote”».

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela O xogo de Babel, de Elena Gallego Abad.   «O xogo de Babel» de Elena Gallego Resumiuno de marabilla Elena Gallego nunha frase pronunciada onte na presentación en Bueu d’ O xogo de Babel: «Non se pode normalizar unha lingua como a galega e non escribir nunca “Quérote”».

Lecturas para o verán, por Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás recomenda no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha serie de lecturas para o verán 2017.   Os fillos do lume Retorna un dos autores de máis éxito entre nós. Faino cunha novela coral que permite mergullarnos, con axilidade e humor, no pasado da cidade de Vigo coa intención de devolver, ou evocar, algúns dos rasgos da súa propia e singular idiosincrasia.

Presentación de “O xogo de Babel” en Bueu

O martes, 11 de xullo, 2017, ás 21,00 horas, na Sala Amalia Domínguez Búa, rúa Eduardo Vincenti, 2 de Bueu, terá lugar a presentación do libro O xogo de Babel de Elena Gallego Abad. No acto, organizado pola librería Miranda, participarán Anxo González Guerra, Manuel Bragado e a autora.