Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: olalla_sánchez

Para exercitar a mente no verán: «Aplicación instantánea», de Carlos Negro e «Animalia 2. Branco», de Xosé Tomás. Reportaxe en «La Voz de la Escuela»

O suplemento La Voz de la Escuela, do xornal La Voz de Galicia, publicou unha reportaxe de Juan José Lage e Olalla Sánchez sobre algunhas suxestións de lectura para o verán, na que se da conta de dous libros publicados por Xerais: Animalia 2. Branco, de Xosé Tomás; e Aplicación instantánea, de Carlos Negro. A reportaxe pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A literatura infantil en galego acada un momento de eclosión. Reportaxe en La Voz de Galicia

O xornal La Voz de Galicia publicou una reportaxe asinada por Olalla Sánchez sobre a literatura infantil en galego na que da conta dos seguintes títulos publicados por Xerais: Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo, de Héctor Cajaraville; Quokka Moka, de María Solar e A guerra dos botóns, de Louis Pergaud. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nestas ligazóns: - Literatura infantil en galego 1.

Coma unha boa larpeirada para levar á boca nestas datas: «É tempo de entroido», de Ramón D. Veiga. Anotación de Olalla Sánchez no suplemento Fugas

O suplemento Fugas de La Voz de Galicia publicou unha anotación de Olalla Sánchez sobre o libro: É tempo de entroido, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ledicia Costas: «O Premio Nacional cambioume a vida»

O suplemento Fugas de La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Olalla Sánchez á escritora Ledicia Costas (Foto de Xoan Carlos Xil). A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha lectura suculenta: «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas. Crítica de Olalla Sánchez

O suplemento Fugas de La Voz de Galicia publicou recensión crítica de Olalla Sánchez sobre Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Unha emotiva historia para non perder a esperanza: «O fío vermello», de An Alfaya. Crítica de Olalla Sánchez

Olalla Sánchez publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre O fío vermello, de An Alfaya.   Unha emotiva historia para non perder a esperanza Nun título tenro e cativador, no que a autora volve a render tributo á literatura de personaxes, a historia céntrase nun rapaz que bota de menos ao seu irmán maior, desaparecido.

Delicioso álbum: «As redes de Inés», de Elvira Riveiro Tobío. Crítica de Olalla Sánchez

Olalla Sánchez publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre As redes de Inés, de Elvira Riveiro Tobío, con ilustracións de Fino Lorenzo, publicado na colección Merliño.   Novo título para afacer os nenos á linguaxe poética A autora amosa de novo o seu bo quefacer neste fermoso título, co que se amplía o horizonte da poesía infantil.

Fermosa e emotiva: «O Castañeiro de Abril», de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013

La Voz de Galicia publicou unha pequena recensión crítica de Olalla Sánchez sobre O Castañeiro de Abril, de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013, ilustrado por Antonio Seijas.   Das cousas miúdas Fermosa e emotiva novela de superación e dignidade persoal, merecedora do premio Merlín.