Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: onda_cero

Elena Gallego: «`Sete caveiras´ é unha novela que en pouco tempo acadou seis edicións en galego». Entrevista na emisora «Onda Cero»

A emisora Onda Cero emitiu unha entrevista coa escritora Elena Gallego Abad na que falou sobre os libros: Sete caveiras e Dragal V. O segredo do dragón, publicados por Xerais. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Paloma Castro: «Con este premio queremos visibilizar e dignificar a diversidade sexual e de xénero». Entrevista en «Onda Cero» sobre o I Premio Literario Pinto e Maragota

DAVID CONCELLO.

Alberto Martí: «Para facer un libro destas características foi necesario un equipo multidisciplinar». Entrevista en Onda Cero sobre: «Os tempos e o clima de Galicia»

O programa La Brújula de Galicia, de Onda Cero, emitiu unha entrevista de Ángeles San Luis con Alberto Martí sobre o libro: Os tempos e o clima de Galicia, de Alberto Martí, Juan José Taboada, Dominic Royé e Xavier Fonseca. O libro está publicado por Xerais na colección Básicos Ciencia. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 08´00″.

Antonio Díaz Ageitos: «Heredeiros fixeron un gran traballo na difusión do galego que non lle recoñeceron». Entrevista en Onda Cero sobre: «Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba»

O programa Aquí en la onda Galicia de Onda Cero emitiu unha entrevista co escritor e xornalista Antonio Díaz Ageitos sobre o seu libro: Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba. O libro está editado por Xerais na colección: Obras de Referencia. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 05´30.

Pablo L. Orosa: «Esta é a historia dunha conversa que nunca chega a producirse, un diálogo a través do silencio e da memoria.» Entrevista en Onda Cero sobre «Fálame do silencio»

O programa A Coruña na Onda de Onda Cero A Coruña emitiu unha entrevista co xornalista e escritor Pablo L. Orosa sobre a súa primeira novela, Fálame do silencio. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón (a partir do minuto 45.15).

Lois Pérez: «A poesía existe porque nela buscamos algo que non atopamos noutros lugares»

O programa Lugo en la Onda de Onda Cero emitiu unha entrevista co poeta, contacontos e deportista Lois Pérez, autor do libro Long Play.

Elena Gallego Abad: «Esta novela é especial»

A emisora Onda Cero emitiu unha entrevista con Elena Gallego Abad sobre a súa nova novela O xogo de Babel. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón a partir do minuto 0:37.

Suso de Toro: «Un escritor ten que comprender a todos os seus personaxes»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a conversa entre Susana Pedreira e Suso de Toro en torno ao libro  Somnámbulos.     Suso de Toro conversa con Susana Pedreira Apaixonante resultou seguir a conversa que Suso de Toro mantivo onte coa xornalista de Onda Cero Susana Pedreira na libraría Cronopios de Pontevedra arredor de Somnámbulos.

Presentación de “Somnámbulos” de Suso de Toro en Pontevedra

O mércores, 10 de decembro, ás 19:30 horas, na librería Cronopios de Pontevedra, a xornalista Susana Pedreira de Onda Cero Pontevedra, entrevistará ao escritor Suso de Toro polo seu libro Somnámbulos.

Presentación en Pontevedra de “A viaxe de Gagarin” de Agustín Fernández Paz

O xoves, 15 de maio, a partir das 19:30 horas, na libraría Cronopios, rúa Frei Xoán de Navarrete, 5 de Pontevedra, Agustín Fernández Paz presentará a súa novela A viaxe de Gagarin. A xornalista Susana Pedreira de Onda Cero faralle unha entrevista. Ao remate, Agustín Fernández Paz, asinará exemplares da súa obra.

Desde o xornalismo á ficción: «Sete Caveiras», de Elena Gallego. Texto de Marta Rodríguez

Reproducimos o texto que Marta Rodríguez leu na presentación de obre Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad na libraría Couceiro de Santiago o pasado 3 de abril, así como este enlace a un podcast do programa O Clube das Nove, de Onda Cero Ourense, que presentaban as propias Marta Rodríguez e Elena Gallego.

Entrevista a Manuel Rivas: en Onda Cero por «As voces baixas»

Reproducimos unha entrevista en Onda Cero a Manuel Rivas, realizada durante a presentación da última novela As voces baixas.