Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: onde_o_mundo_se_chama_celso_emilio_ferreiro

Ramón Nicolás: «O Premio Losada Diéguez supón a cita dun recoñecemento singular na cultura galega»

A edición de Ourense de La Voz de Galicia publicou unha entrevista con Ramón Nicolás sobre a concesión, o pasado ano, do último Premio Losada Diéguez de Investigación e Ensaio pola súa biografía Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Como unha novela. Anotación en Trafegando ronseis sobre «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a presenza de Ramón Nicolás no Club de Lecturada Biblioteca Municipal Daniel Castelao de Silleda, centrado en Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro. Actualización 29/11/13: O blog do Club de Lectura de Silleda publicou unha anotación sobre a intervención de Ramón Nicolás e Luís Ferreiro na sesión dedicada á biografáia de Celso Emilio Ferreiro.

Ramón Nicolás estará hoxe no Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Silleda con «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro»

O crítico e escritor Ramón Nicolás estará presente esta tarde no Club de Lecturada Biblioteca Municipal Daniel Castelao de Silleda para falar de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, a biografía do poeta celanovés que foi galardoada co Premio Losada Diéguez.

Mercedes Queixas presenta «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro» na Feira do Libro da Coruña

Mercedes Queixas presenta «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro» na Feira do Libro da Coruña

Manuel Bragado publica no seu blog a crónica da presentación na segunda xornada da Feira do Libro da Coruña do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. Na segunda xornada da Feira do Libro da Coruña, encantoume a presentación que Mercedes Queixas fixo da biografía de Celso Emilio Ferreiro que escribiu Ramón Nicolás.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Do xoves, 1 de agosto, ao domingo, 11 de agosto, terá lugar na Feira do Libro da Coruña, na que Xerais desenvolverá os seguintes actos Día 1 de agosto, xoves 20:00 h.: Presentación de Días que non foron de Luís Rei Núñez. Participan: Mercedes Queixas, Manuel Bragado e o autor. 21:00 h.: Presentación de Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez. Participan: Pilar García Negro, Manuel Bragado e o autor.

Antonio Reigosa: A forma de que os mitos non desaparezan é humanizalos». «O aprendiz do home do saco» e «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro» na Feira de Lugo

Antonio Reigosa: A forma de que os mitos non desaparezan é humanizalos». «O aprendiz do home do saco» e «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro» na Feira de Lugo

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre as presentacións na Feira do Libro de Lugo de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás, e de O aprendiz do home do saco, de Antonio Reigosa. O xornal El Progreso publicou unha entrevista con Antonio Reigosa, con motivo da presentación, que se pode ler ou descagar en pdf.

Xerais na Feira do Libro de Lugo 2013

Do martes, 14 ao domingo, 19 de maio, tera lugar, na Praza Maior da cidade, a Feira do Libro de Lugo, na que Xerais organiza os actos seguintes: Día 15 mércores ás 18:00 horas: Sinatura de María Reimóndez na caseta da librería Trama e ás 19:00 horas:  Presentación do libro Feminismos de María Reimóndez e Olga Castro. Participan: Encarna Otero e María Reimóndez.

Ramón Nicolás: «A biografía de Celso Emilio é un libro colectivo, creado a partir de persoas que compartiron a súa memoria comigo». Entrevista de Xesús Fraga

La Voz de Galicia publica unha entrevista de Xesús Fraga a  Ramón Nicolás pola concesión Premio AELG ao mellor libro de investigación do ano á súa biografía a biografía Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, así como ao mellor blog literario a Caderno da Crítica.

Ledicia Costas e Ramón Nicolás, premios AELG de Literatura Infantil e Xuvenil e Ensaio

A escritora Ledicia Costas e o escritor Ramón Nicolás resultaron premiados o pasado sábado polos membros da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que elixiron as mellores obras de 2012 nunha gala celebrada no auditorio do Centro Ágora de A Coruña.

«Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás, Premio Losada Diéguez

Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, a monumental biografía do poeta celanovés escrita por Ramón Nicolás resultou gañadora esta fin de semana do Premio Losada Diéguez na modalidade de Investigación e Ensaio. Reproducimos a información de La Voz de Galicia e a do propio blog do autor, Caderno da crítica.

A presentación de «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás, en Ferrol

Ramón Nicolás publicou unha anotación no seu blog sobre a presentación na Feira do Libro de Ferrol de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro.

Unha lectura áxil e pracenteira: «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás. Crítica en Grial

O escritor e crítico Miro Villar recolle no seu blog As crebas unha recensión crítica sobre Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás, publicada na revista Grial.   Un retrato lonxe da haxiografía «El objectivo de una biografía es construír una especie de esquema interpretativo, siempre parcial (…) Es un género literario difícil».