Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: orelí_pello

Unha moi acertada proposta: «Fábulas contadas», de Gonzalo Navaza e Orelí Pello. Anotación de María Navarro no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: Fábulas contadas, de Gonzalo Navaza, con ilustracións de Orelí Pello, publicado por Xerais na colección Sopa de Libros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un precioso libro de fábulas que avivan a esperanza humana: «Fábulas contadas», de Gonzalo Navaza e Orelí Pello. Anotación no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación de Blanca-Ana Roig-Rechou sobre o libro: Fábulas contadas, de Gonzalo Navaza, con iustracións de Orelí Pello, publicado por Xerais na colección: Sopa de Libros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Para inspirar aos Reis Magos: «Fábulas contadas», de Gonzalo Navaza e «A Señorita Bubble. Baixo cero», de Ledicia Costas. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou un artigo de Manrique Fernández sobre literatura infantil e xuvenil con mención a dous libros publicados por Xerais: Fábulas contadas, de Gonzalo Navaza; e A Señorita Bubble. Baixo cero, de Ledicia Costas. Para inspirar aos Reis Magos… Chegadas estas datas, é tradición que neste blog lle dediquemos unhas liñas á literatura infantil e xuvenil.

Un libro extraordinario, un tesouro imperecedoiro con vontade de clásico da nosa literatura infantil e xuvenil: «Fábulas contadas», de Gonzalo Navaza e Orelí Pello. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: Fábulas contadas, de Gonzalo Navaza, con ilustracións de Orelí Pello, publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.   ‘Fábulas contadas’, de Gonzalo Navaza e Orelí Pello   Gonzalo Navaza, o noso sabio das palabras, consegue que cada un dos seus libros sexa un tesouro, unha arca única e moi valiosa.

Unha fantástica proposta literaria que agasallará entretidos momentos aos lectores: «Fábulas contadas», de Gonzalo Navaza. Crítica de Antonio García Teijeiro en «Versos e aloumiños»

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: Fábulas contadas, de Gonzalo Navaza, con ilustracións de Orelí Pello, publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.

Unha decena de fábulas que poñen en valor a vixencia destes textos para traballar co alumnado: «Fábulas contadas», de Gonzalo Navaza. Recomendación do blog «Rede Lectura»

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda o libro: Fábulas contadas, de Gonzalo Navaza, con ilustracións de Orelí Pello, publicado por Xerais na colección: Sopa de Libros.   «Fábulas contadas», de Gonzalo Navaza   Desde a editorial Xerais recibimos Fábulas contadas, de Gonzalo Navaza con ilustracións de Orelí Pello.

Unha selección de famosas fábulas convertidas en verso para a rapazallada galega: «Fábulas contadas», de Gonzalo Navaza. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Fábulas contadas, de Gonzalo Navaza, con ilustracións de Orelí Pello, publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.   Fábulas contadas, de Gonzalo Navaza   Lembro que na miña infancia lía con devoción un libriño de fábulas que na miña casa había de Esopo, un libro ilustrado que prendeu na miña mente por ser lectura activa da nenez.

Novidade: «Fábulas contadas», de Gonzalo Navaza. Un libro que reúne algunhas das fábulas máis coñecidas en versos rimados

Fábulas contadas, de Gonzalo Navaza, é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais. As fábulas son pequenos relatos de intención moralizante onde personaxes animais encarnan condutas e caracteres humanos e que foron incorporadas á tradición popular desde hai milenios. Neste libro o autor refai en versos rimados algunhas das máis coñecidas dun xeito orixinal e divertido.