Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: orestes_perde_o_sentido

Unha divertida aventura que educa ao lectorado máis novo no mundo da seguridade vial: «Orestes perde o sentido!», de Rosa Aneiros. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Orestes perde o sentido!, de Rosa Aneiros, ilustrado por Kiko Da Silva. O libro está publicado por Xerais na colección Sopa de Libros. Orestes perde o sentido!, de Rosa Aneiros Simpático libro este que nos trae Rosa Aneiros co título Orestes perde o sentido!, publicado por Xerais e ilustrado por Kiko Da Silva.

Unha orixinalísima narración para os cativos na que converxen os videoxogos e as normas de circulación: «Orestes perde o sentido!», de Rosa Aneiros. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: Orestes perde o sentido!, de Rosa Aneiros, ilustrado por Kiko Da Silva. O libro está publicado por Xerais na colección Sopa de Libros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: « Orestes perde o sentido!», de Rosa Aneiros. Unha disparatada carreira polas rúas dunha cidade estrepitosa para chegar ao castelo do rei Koopa

Orestes perde o sentido!, de Rosa Aneiros, ilustrado por Kiko Da Silva, é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais. Unha mañá Orestes sae da casa e atopa todo demasiado estraño, coma se o mundo tolease. De súpeto, ve a súa irmá pequena soa na beirarrúa. Cóntalle que conseguiu fuxir do rei Koopa, pero que debe regresar axiña ao castelo onde estivo secuestrada e deixou esquecido o seu osiño.