Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: os_corpos_invisibles

Un libro que deixa pendurada unha reflexión: os avances tartarugueiros na loita pola igualdade: «Os corpos invisibles», de Emma Pedreira. Anotación no blog da Axencia de Lectura de Meiro

O blog que publica a Axencia de Lectura de Meiro publicou unha recensión crítica asinada por Daniel Chapela sobre o libro: Os corpos invisibles, de Emma Pedreira, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2019.

Un libro que nos convida a reflexionar sobre a situación da muller: «Os corpos invisibles», de Emma Pedreira. Recomendación da booktuber Eira Losada

A booktuber Eira Losada dedica un booktrailer a falar sobre o libro: Os corpos invisibles, de Emma Pedreira. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2019, e está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo A recomendación pode verse nesta ligazón.

Unha obra que deixa pouso e que indaga na responsabilidade que temos como sociedade para mudar a orde das cousas: «Os corpos invisibles», de Emma Pedreira. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro Os corpos invisibles, de Emma Pedreira. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2019, e está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.   Os corpos invisibles, de Emma Pedreira (Xerais)   “Cando una non é fidalga, é dicir, de boa familia, nin ten o diñeiro suficiente para poder estudar, non estuda.

«Os corpos invisibles», de Emma Pedreira, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de novembro

Os corpos invisibles, de Emma Pedreira, é un dos libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de novembro de 2019. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2019, e está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.

Os Premios Xerais 2019, nos medios e na Rede

  O sábado, día 19 de outubro, no Museo do Mar de Galicia en Vigo, tivo lugar a festa de entrega dos Premios Xerais 2019. Á cita asistiron un numeroso número de persoas, entre as que se atopaban representantes das asociacións profesionais do sector do libro, escritoras, libreiras, bibliotecarias, profesoras e editoras. O acto estivo conducido pola xornalista Valeria Pereiras.

Fotogalería Premios Xerais 2019. Selección e fotos de Manuel G. Vicente

Novidade: «Os corpos invisibles», de Emma Pedreira. A historia de dúas mulleres de vidas moi diferentes que buscan o recoñecemento nun Londres en plena Revolución Industrial

Os corpos invisibles, de Emma Pedreira, é unha novidade da colección Fóra de Xogo de Xerais. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2019. L. C. é unha rapaza de quince anos que traballa desde os oito nunha fábrica téxtil de Londres en plena Revolución Industrial, onde as nenas escravas son parte da produción en cadea. A vida de L. C.

Os gañadores dos Premios Xerais 2019, nos medios e na Rede

  O sábado, día 8 de xuño de 2019, anunciouse en Vigo o ditame da XXXVI edición do Premio Xerais de Novela, a XI edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXIV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotados con cadanseu premio de 10.000 euros. O xurado da XXXVI edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.

Amador Castro por «Shanghai a Barcelona», Emma Pedreira por «Os corpos invisibles» e Rosa Aneiros por «Xelís, o guieiro das botellas de mar», premios Xerais 2019

O sábado, día 8 de xuño de 2019, anunciouse en Vigo o ditame da XXXVI edición do Premio Xerais de Novela, a XI edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXIV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotados con cadanseu premio de 10.000 euros.   «Shanghai a Barcelona» de Amador Castro Premio Xerais de Novela 2019 O xurado da XXXVI edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.