Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: os_días_felices_de_benvido_seixas

Unha novela irónica e chea de humor cunha crítica ácida ao clasismo da sociedade: «Os días felices de Benvido Seixas», de Eduard Velasco. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco, publicado por Xerais na colección Narrativa.   ‘Recensión: Eduard Velasco, « Os días felices de Benvido Seixas» Teño que recoñecer que non son un lector interesado na literatura de carácter cómico mais non foi fácil soltar esta divertida novela.

Eduard Velasco: «Esta novela está feita dunha maneira moi espontánea, co que me ía vindo á cabeza en cada momento». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «Os días felices de Benvido Seixas»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Eduard Velasco sobre o libro: Os días felices de Benvido Seixas, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Programación de Xerais para o mércores 7 na Feira do Libro da Coruña

Día 7 de agosto, mércores A partir das 18:00 horas: Ledicia Costas asina na caseta da librería Cartabón. 18:00 horas: Presentación de Os días felices de Benvido Seixas de Eduard Velasco. Participan María Lado, Fran Alonso e o autor. Ao remate sinatura de exemplares. 19:30 horas: Nuria Díaz (ilustradodra) asina Pioneiras nca caseta da libraría Moito Conto.

Unha novela que se deixa devorar: «Os días felices de Benvido Seixas», de Eduard Velasco. Crítica na web «Fervenzas Literarias»

A revista de literatura galega Fervenzas Literarias publicou unha anotación de Nacho Alonso sobre o libro: Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco, publicado por Xerais na colección Narrativa.   Recensión: Eduard Velasco, «Os días felices de Benvido Seixas»   Recibimos como unha agradable sorpresa o novo deseño da colección de Narrativa de Xerais.

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2019

Do 1 ao 11 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 1 de agosto, xoves 19:00 horas: Presentación de Quokka Moka de María Solar con ilustracións de Víctor Rivas. Participan Víctor Rivas e María Solar. Ao remate sinatura ilustrada. 19:45 horas:  Conversa entre Érica Esmorís, Quen salva un can e Andrea Maceiras, Conta nove estrelas, Premio Lazarillo 2018.

Eduard Velasco: «A única intención desta novela é que os lectores rían e pasen un bo anaco co libro nas mans» Entrevista na revista cultural «Inorantes» sobre «Os días felices de Benvido Seixas»

A revista cultural de Galicia Inorantes publicou unha entrevista de Ana González Liste ao escritor Eduard Velasco sobre o libro: Os días felices de Benvido Seixas, publicado por Xerais na colección Narrativa.   EDUARD VELASCO: “Quería tecer unha novela escrita sen manías e foi aparecendo isto, que non sei se podemos chamar crítica social ou non” Humor, política e amor. Como a vida mesma.

Unha novela que fala do amor dende o humor: «Os días felices de Benvido Seixas», de Eduard Velasco. Crítica de Ramón Nicolás no suplemento Fugas

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Eduard Velasco: «A miña intención con esta novela é que quen a lea pase un bo anaco, que a poida gozar» Entrevista en «Praza Pública» sobre «Os días felices de Benvido Seixas»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Eduard Velasco sobre o libro: Os días felices de Benvido Seixas. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. (Imaxe: Alicia Fernández – Praza Pública).   EDUARD VELASCO: “Quero agradecerlle a Xerais que apostara por este texto” Mariña e Benvido coñécense por casualidade.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2019

Do 27 de xuño ao 6 de xullo, terá lugar, na rúa do Príncipe e na praza da Farola, a Feira do Libro de Vigo 2019 para a que Xerais preparou este completo programa:

Unha novela de lectura moi agradecida e simpática: «Os días felices de Benvido Seixas», de Eduard Velasco. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro: Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Unha historia onde o amor e o humor o gobernan todo: «Os días felices de Benvido Seixas», de Eduard Velasco. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Presentación en Barcelona de “Os días felices de Benvido Seixas” de Eduard Velasco

O venres 31 de maio de 2019 ás 19:00 horas, no Espai Subirachs, Carrer Batista, 6, Barcelona, terá lugar a presentación do libro Os días felices de Benvido Seixas de Eduard Velasco. No acto, organizado coa colaboración de Espai Subirachs e a libraría Etcétera, participarán Helena González Fernández e Eduard Velasco.