Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: os_fillos_do_lume

O thriller detectivesco convértese na gran aposta dos escritores galegos: «Infamia», de Ledicia Costas e «Os fillos do lume», de Pedro Feijóo. Reportaxe en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe asinada por Susana Acosta sobre o thriller detectivesco en Galicia, con mención a dous libros publicados por Xerais: Infamia, de Ledicia Costas; e Os fillos do lume, de Pedro Feijóo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns.

Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban falan sobre a relación da cidade de Vigo coa literatura. Noticia no xornal «Atlántico Diario»

O xornal Atlántico Diario publicou unha noticia sobre a mesa redonda que mantiveron os escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban, xunto co director de Xerais, Fran Alonso, no marco da Feira do Libro de Vigo, para falar sobre a relación entre a cidade de Vigo e a literatura.

Un autor que converte cada nova novela súa nun éxito sen renunciar á lingua, aos referentes e aos escenarios propios: «Os fillos do lume», de Pedro Feijoo. Crítica de César Lorenzo Gil en «Biosbardia»

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Os fillos do lume, de Pedro Feijoo.   ‘Os fillos do lume’, un trato xusto Pedro Feixoo é un dos varios escritores en lingua galega que procura superar o nivel medio de vendas en cada unha das súas novelas.

«Pedro Feijoo pecha a tempada dos clubs de lectura do Círculo das Artes de Lugo.» Información de «El Progreso»

                  O xornal El Progreso informa sobre o encontro que o escritor Pedro Feijoo manterá este mércores, día 30, cos membros dos clubs de lectura do Círculo das Artes de Lugo, co que se pecha a temporada. O escritor vigués falará cos asistentes das obras Os fillos do mar, A memoria da choiva, Morena, perigosa e románicae Os fillos do lume.

Un thriller ambicioso: «Os fillos do lume», de Pedro Feijoo. Crítica de Malores Villanueva

O programa Chamando á terrra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Malores Villanueva sobre a novela Os fillos do lume, de Pedro Feijoo.  A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «Vigo ten unha historia rica que é necesario coñecer e compartir»

O Faro de Vigo publica unha ampla información sobre o escritor Pedro Feijoo, que estivo onte dando unha conferencia no Club Faro, acompañado polo director de Xerais, Manuel Bragado, para falar da festa da Reconquista, arredor da súa última novela, Os fillos do lume.    A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Charla-coloquio arredor de “Os fillos do lume” de Pedro Feijoo

O luns 18 de decembro de 2017 ás 20:00 horas, organizado polo Club Faro de Vigo, terá lugar a charla-coloquio titulada “A Reconquista: unha mirada diferente á historia de Vigo” que impartirá Pedro Feijoo, autor de Os fillos do lume. Presenta o acto Manuel Bragado.

Pedro Feijoo: «Dígolle ao lector: pasáchelo ben, pero agora xa non ignoras a historia dos teus»

O blog Biosbardia recupera unha entrevista feita a Pedro Feijoo por Xan Carballa en 2012 con motivo da publicación de Os fillos do mar para darlle actualidade máis de cinco anos despois, coa publicación de Os fillos do lume. Pedro Feixoo publicou hai unhas semanas Os fillos do lume (Xerais), segunda parte da moi exitosa Os fillos do mar, primeira obra publicada polo autor.

«Os fillos do lume», de Pedro Feijoo, e «Floreano», de Gogue, libros máis vendidos segundo o Taboleiro do libro galego

O blog Cicloxénese expresiva, publica unha listaxe dos libros máis vendidos durante os meses de xullo, agosto, setembro e outubro a partir da información proporcionada por 7 librarías galegas. Na categoría de Narrativa, o libro máis vendido é a novela Os fillos do lume, de Pedro Feijoo. No ámbito da Banda Deseñada, o máis vendido é  o libro de tiras de humor Floreano, de Gogue.

Pedro Feijoo: «O noso país é moi rico en referentes e historias para ser contadas»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de María L. Viñas ao escritor Pedro Feijoo sobre a súa novela Os fillos do lume. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Lugo de “Os fillos do lume” de Pedro Feijoo

O venres, 20 de outubro, 2017, ás 19,30 horas, na librería Trama, Avda da Coruña, 21, Lugo, terá lugar a presentación do libro Os fillos do lume de Pedro Feijoo. No acto conversarán Manuel Bragado e Pedro Feijoo.

Sinatura de Pedro Feijoo na Casa do Libro de Vigo

O xoves, 19 de outubro, 2017, a partir das 19:30 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27, Vigo, o escritor Pedro Feijoo asinará exemplares da súa última novela Os fillos do lume e do resto da súa obra.