Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: os_fillos_do_mar

«Resistencia», «Os fillos do mar», «Amor de tango» e «Follas Novas», entre os libros de lectura imprescindible recomendados polo xornal «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe asinada por Ana Abelenda na que unha serie de autores, editores e libreiros recomendan dez títulos galegos, entre os que figuran tres obras publicadas por Xerais: Resistencia, de Rosa Aneiros; Os fillos do mar, de Pedro Feijóo,  Amor de tango, de María Xosé Queizán e Follas Novas, de Rosalía de Castro O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns: Dez libr

Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban falan sobre a relación da cidade de Vigo coa literatura. Noticia no xornal «Atlántico Diario»

O xornal Atlántico Diario publicou unha noticia sobre a mesa redonda que mantiveron os escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban, xunto co director de Xerais, Fran Alonso, no marco da Feira do Libro de Vigo, para falar sobre a relación entre a cidade de Vigo e a literatura.

O Vigo literario da man dos escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban. Entrevista en Radio Vigo

A emisora Radio Vigo, de Ser Galicia, emitiu unha entrevista cos escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban para falar sobre o Vigo literario, con mención aos libros: Infamia, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, A ira dos mansos, O meu nome é Ninguén, Camiñar o Vigo Vello, Os fillos do mar e A memoria da choiva, todos eles publicados por Xerais. As súas intervencións poden escoitarse nesta ligazón.

Vigo explota un bum da novela negra. Reportaxe en La Voz de Galicia

O xornal La Voz de Galicia publicou una reportaxe asinada por E. V. Pita  sobre a novela negra na que da conta dos seguintes títulos publicados por Xerais: Os fillos do mar, Os fillos do lume e A memoria da choiva, de Pedro Feijóo; A ira dos mansos, de Manuel Esteban;  Un conto siciliano e outras historias, de Estro Montaña e Infamia, de Ledicia Costas.

«Pedro Feijoo pecha a tempada dos clubs de lectura do Círculo das Artes de Lugo.» Información de «El Progreso»

                  O xornal El Progreso informa sobre o encontro que o escritor Pedro Feijoo manterá este mércores, día 30, cos membros dos clubs de lectura do Círculo das Artes de Lugo, co que se pecha a temporada. O escritor vigués falará cos asistentes das obras Os fillos do mar, A memoria da choiva, Morena, perigosa e románicae Os fillos do lume.

Excelente presenza dos libros de Xerais entre os 50 máis lidos nos Clubs de Lectura

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.

Pedro Feijoo: «Dígolle ao lector: pasáchelo ben, pero agora xa non ignoras a historia dos teus»

O blog Biosbardia recupera unha entrevista feita a Pedro Feijoo por Xan Carballa en 2012 con motivo da publicación de Os fillos do mar para darlle actualidade máis de cinco anos despois, coa publicación de Os fillos do lume. Pedro Feixoo publicou hai unhas semanas Os fillos do lume (Xerais), segunda parte da moi exitosa Os fillos do mar, primeira obra publicada polo autor.

Lecturas para o verán, por Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás recomenda no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha serie de lecturas para o verán 2017.   Os fillos do lume Retorna un dos autores de máis éxito entre nós. Faino cunha novela coral que permite mergullarnos, con axilidade e humor, no pasado da cidade de Vigo coa intención de devolver, ou evocar, algúns dos rasgos da súa propia e singular idiosincrasia.

Pedro Feijoo: «En realidade… eu non tiña esa intención»

A youtuber CazadoraDeHistorias entrevistou a Pedro Feijoo, que fala dos seus libros e proxectos.

Hoxe, 27 de outubro, Pedro Feijoo visita o Club de Lectura d’ A Casa do Libro de Vigo

Hoxe luns, 27 de outubro, a partir das 19:30 horas, n’ A Casa do Libro de Vigo, rúa Velázquez Moreno, 27  de Vigo, o escritor Pedro Feijoo visita o Club de Lectura d’ A Casa do Libro para falar do seu libro Os fillos do mar.

«Os fillos do mar» lido polo seu autor: Pedro Feijoo. Vídeo de Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou un vídeo sobre  Os fillos do mar lido polo seu autor, Pedro Feijoo, dentro da serie de escritores e escritoras lendo os seus propios textos en compaña de lectores e lectoras.

Pedro Feijoo e Ramón Caride, premios Frei Martín Sarmiento con «Os fillos do mar» e «A pomba dona Paz»

Déronse a coñecer os gañadores do Premio Frei Martín Sarmiento, que escollen os alumnos das escolas católicas galegas.