Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: os_libros_arden_mal

Programación de Xerais para o mércores 7 na Feira do Libro da Coruña

Día 7 de agosto, mércores A partir das 18:00 horas: Ledicia Costas asina na caseta da librería Cartabón. 18:00 horas: Presentación de Os días felices de Benvido Seixas de Eduard Velasco. Participan María Lado, Fran Alonso e o autor. Ao remate sinatura de exemplares. 19:30 horas: Nuria Díaz (ilustradodra) asina Pioneiras nca caseta da libraría Moito Conto.

Manuel Rivas: «A memoria non ten que ver co pasado, ten que ver co coñecemento»

O xornal La Voz de Galicia  publicou unha entrevista de Borja Casal e Xesús Fraga a Manuel Rivas sobre a súa novela Os libros arden mal.

Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017

Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha crónica da actividade e presentacións dos libros de Xerais na Feira do Libro da Coruña.       Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017 Rematamos onte tres días de intensa participación na Feira do Libro da Coruña.

«Os libros arden mal», de Manuel Rivas, gaña o Premio Mondoñedo 10 ao mellor novela da última década

O escritor Manuel Rivas resultou gañador esta fin de semana do Premio Mondoñedo 10 con Os libros arden mal, novela que un xurado escolleu como a mellor das publicadas nos últimos dez anos.

María Reimóndez, Manuel Rivas e Agustín Fernández Paz, finalistas de Xerais nos Premios Mondoñedo 10 (modalidade Narrativa)

O escritor Agustín Fernández Paz coa novela Non hai noite tan longa, a escritora  María Reimóndez con O club da calceta e Manuel Rivas con Os libros arden mal son as tres novelas finalistas de Xerais, dun total de seis, dos Premios Mondoñedo 10 na modalidade de Narrativa.

Roteiro literario con Manuel Rivas o vindeiro sábado en torno a «Os Libros Arden Mal» dentro da programación da Coruña Literaria

O vindeiro sábado 14 terá lugar un roteiro literario na Coruña, guidado polo escritor Manuel Rivas, en torno á novela Os Libros Arden Mal, que se realiza dentro da programación da Coruña Literaria. O roteiro partirá ás 12 h, desde A Dársena (Portal Real, antiga Avenida da República).

Extraordinaria recensión da tradución ao inglés de “Todo é silencio” (All Is Silence), de Manuel Rivas, en The Irish Times

O xornal irlandés The Irish Times publicou unha gabanciosa recensión de All Is Silence (Todo é silencio), a versión en inglés da coñecida novela de Manuel Rivas. A autora da recensión, Eileen Battersby, destaca tamén a  importancia crucial doutras dúas novelas de Rivas: The Carpenter’s Pencil (O lapis do carpinteiro) and Books Burn Badly (Os libros arden mal). O xornal Sermos Galiza tamén se fai eco da recensión.

Os libros de Manuel Rivas: 100 opinións dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis máis de 100 opinións dos seus alumnos e alumnas sobre diversos libros de Manuel Rivas lidos ao longo dun trimestre. As opinións dos/as estudantes poden lerse neste enlace.

“Todo é silencio” de Manuel Rivas será publicada en inglés e francés

Todo é silencio, a máis recente novela de Manuel Rivas,  será publicada en francés pola editorial Gallimard e en inglés por Harvill Secker, selo de Random House. Nesta mesma editorial publicouse, no pasado mes de febreiro, a edición de peto d´ Os libros arden mal ( Books Burn Badly) na Colección Vintage, logo da gran acollida da edición en tapa dura aparecida hai un ano.

Eyré sobre “Todo é silencio”: “Balzac escribiría hoxe algo polo estilo”

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog unha anotación na que compila todas as anteriores que publicou arredor de Todo é silencio, a novela de Manuel Rivas. Adiantamos uns cantos parágrafos da crítica que publicará proximamente na edición dixital do xornal A Nosa Terra: Dicir que é o máis acertado de Todo é silencio non resulta doado.

«Todo é silencio», primeira crítica, Sandra Faginas en «La Voz de Galicia»

Sandra Faginas publicou hoxe, 16 de outubro, no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia a primeira crítica de Todo é silencio, a novela máis recente de Manuel Rivas.

«Os libros arden mal», no spoken word de San Simón

«Os libros arden mal», no spoken word de San Simón

Mañá sábado, o escritor Manuel Rivas estará no spoken word da illa de San Simón organizado por AGADIC. No acto, Rivas parte da lectura de fragmentos da novela Os libros arden mal para establecer un diálogo creativo con dous músicos (o guitarrista Gastón Rodríguez e o serruchista Pulpiño Viascón) e co cantante de tangos Marcos Meléndrez. O acto dará comezo ás 18:00 horas e é aberto ao público.