Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: os_televisores_estrábicos

Ramón Vilar Landeira: «O que me dá a literatura é poder contar doutra maneira a realidade». Entrevista no dixital «Somos Tribo»

O dixital Somos Tribo publicou unha entrevista de Xabier Colmeiro ao escritor e xornalista Ramón Vilar Landeira na que fala sobre os libros: Os televisores estrábicos e Un peixe no parqué, publicados por Xerais. (Foto: Pablo Quinteiro – Somos Tribo).

Catorce historias frescas e intensas: «Os televisores estrábicos», de Ramón Vilar Landeira. Crítica de María Xesús Blanco

O blog de Barbantia publicou unha recensión crítica de María Xesús Blanco sobre Os televisores estrábicos, o primeiro libro de Ramón Vilar Landeira.     Os televisores estrábicos, de Ramón Vilar Landeira Mergullarse na lectura de Os televisores estrábicos (Ed. Xerais, 2014) resulta, cando menos, unha interesante descuberta.

Deses libros que un debe ter e ler: «Os televisores estrábicos», de Ramón Vilar Landeira. Crítica de Patricia Blanco

Patricia Blanco publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Os televisores estrábicos, o primeiro libro de Ramón Vilar Landeira. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Ramón Vilar Landeira: «“Hoxe os nenos do rural galego visten coma os de Nova York». Entrevista de César Lorenzo

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil a Ramón Vilar Landeira sobre o seu libro de relatos Os televisores estrábicos.

Presentación en Ordes de “Os televisores estrábicos” de Ramón Vilar Landeira

O venres, 21 de outubro, ás 20:00 horas, no Museo do Traxe de Ordes, terá lugar a presentación do libro Os televisores estrábicos de Ramón Vilar Landeira. No acto participarán Miguel Calvo, Ignacio Carballo e o autor.

Ramón Vilar Landeira: «O nexo do meu libro é un mundo en transformación e en crise, tamén persoal e social»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Ramón Vilar Landeira sobre o seu libro de relatos Os televisores estrábicos. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Ramón Vilar Landeira: «Os personaxes de Grandil son solitarios como o individuo do século XXI»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista a Ramón Vilar Landeira sobre o seu libro de relatos Os televisores estrábicos.

Conmover desde a cotidianidade: «Os televisores estrábicos», de Ramón Vilar Landeira. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro Os televisores estrábicos de Ramón Vilar Landeira. A recensión crítica pode lerse ou descargarse neste enlace.

Un narrador con solvencia: «Os televisores estrábicos», de Ramón Vilar Landeira. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo abordou na sección Radiocrítica de Ames Radio o comentario crítico sobre o libro Os televisores estrábicos de Ramón Vilar Landeira.

Escrita moi efectiva: historias de crises e soidades. «Os televisores estrábicos», de Ramón Vilar Landeira. Crítica de Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre Os televisores estrábicos de Ramón Vilar Landeira.

«Os televisores estrábicos», de Ramón Vilar Landeira, o libro máis recomendado na Tabela dos libros do verán

O libro de relatos Os televisores estrábicos, de Ramón Vilar Landeira, encabeza a clasificación dos libros máis recomendados do verán na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que varios críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Booktráiler completo de «Os televisores estrábicos», de Ramón Vilar Landeira

Publicamos o booktráiler completo de Os televisores estrábicos, o exitoso libro de relatos de Ramón Vilar Landeira, agora contendo a versión íntegra do fermoso tema «A cabana do Tío Tom», de Ataque Escampe. A edición do vídeo é de Distrito Xermar e a música, como dixemos, de Ataque Escampe. Toda a actualidade sobre o libro pode serguirse a través dunha páxina de Facebook.