Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: óscar_ibáñez

Presentación en Pontevedra de “A furgoneta branca” de Fina Casalderrey

O mércores 20 de marzo de 2019 ás 19:30 horas, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro A furgoneta branca de Fina Casalderrey, ilustrado por Lucía Cobo. No acto participarán Fran Alonso, Fátima Ruibal, Lucía Cobo, Fina Casalderrey,  coa colaboración especial do gaiteiro Oscar Ibáñez e a poeta Tamara Andrés.

Presentación en Pontevedra de “O encargo do señor Castelao” de Luís Rei Núñez

O xoves, 14 de xullo, ás 20:00 horas, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, terá lugar a presentación da novela O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez. No acto, organizado polo Museo de Pontevedra, o Ateneo de Pontevedra e Xerais, participarán Xosé Enrique Acuña, Ana Acuña, Xaime Toxo, Manuel Bragado e Luís Rei Núñez.

Presentación en Pontevedra de “Historia da bicicleta dun home lagarto” de Fina Casalderrey

O xoves, 27 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevera, rúa Amoedo Carballo 3, terá lugar a presentación do libro Historia da bicicleta dun home lagarto de Fina Casalderrey. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra e Xerais,  intervirán Miguel Suárez Abel (escritor), Manuel Bragado (director de Xerais), Óscar Ibáñez (gaiteiro) e Fina Casalderrey.