Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: óscar_villán

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”.

Un relato de formación que defende a xustiza poética para as persoas que fan uso da empatía: «As peripecias de Extravaganzza Pérez», de Ledicia Costas. Anotación en El Correo Gallego

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Mar Fernández Vázquez sobre o libro: As peripecias de Extravaganzza Pérez, de Ledicia Costas, ilustrado por Óscar Villán. O libro está publicado por Xerais na colección Sopa de Libros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Lectura de «As peripecias de Extravaganzza Pérez», de Ledicia Costas, na voz de Amelia García

 O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha lectura, a cargo de Amelia García, dun fragmento da novela infantil As peripecias de Extravaganzza Pérez, de Ledicia Costas.  A lectura pode escoitarse nesta ligazón.

Unha moza afouta que ama a natureza na nova conquista de Ledicia Costas: «As peripecias de Extravaganzza Pérez». En Trafegando Ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela As peripecias de Extravaganzza Pérez, de Ledicia Costas.   As peripecias de Extravaganzza Pérez Unha nova conquista de Ledicia Costas para o lectorado infantoxuvenil: unha moza afouta que ama a natureza e preocúpase pola conservación das especies, desas que están enperigo de extinción pola man do home.

Novidade: «As peripecias de Extravaganzza Pérez», de Ledicia Costas. Extravanganzza vive nunha casa que semella un zoolóxico…

 A novela As peripecias de Extravaganzza Pérez, de Ledicia Costas, é unha novidade da colección infantil Sopa de Libros. Está ilustrado por Óscar Villán. Extravanganzza Pérez vive nunha casa que semella un zoolóxico. Os seus pais son dous biólogos de moita sona. Semellan estar algo tolos, pero queren aos animais e mais á súa filla pola vida. Un día marchan a unha expedición secreta deixando a Extravaganzza soa na casa.

«Remoldiño vai á feira» en Espazo Lectura de Gondomar

Continuando coa campaña «Voces á orella», organizada por Xerais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o espectáculo Remoldiño vai á feira chegou a Gondomar xestionado por Espazo Lectura. Este espectáculo, baseado no libro homónimo de Xoán Cuba, ilustrado por Óscar Villán, interpretado polos actores Chus Álvarez e Antonio L.

«Remoldiño vai á feira» en Valga

«Remoldiño vai á feira» en Valga

O mércores, 5 de novembro, no Auditorio Municipal Cordeiro de Valga, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá ás 10:30 horas e ás 11:30 horas, dúas representacións do espectáculo «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet.

«Remoldiño vai á feira» en Cangas

«Remoldiño vai á feira» en Cangas

O luns, 3 de novembro, na Biblioteca Municipal de Cangas do Morrazo, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá ás 10:30 horas e ás 11:30 horas, dúas representacións do espectáculo «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet.

«Voces á orella», campaña de animación lingüística

«Voces á orella», campaña de animación lingüística

O vindeiro luns, 3 de novembro, comezan as actividades da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia.