Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: pablo_l_orosa

Infinidade de medios recolleron a nova do prematuro falecemento do escritor e xornalista Pablo L. Orosa.

Infinidade de medios de comunicación recolleron a noticia do prematuro falecemento do escritor e xornalista Pablo L. Orosa. Caderno da Crítica (16-11-2019): Pablo L. Orosa: ese café que nunca será Diario Cultural da Radio Galega (17-11-219): Falece Pablo L. Orosa El Correo Gallego (17-11-2019): Fallece en A Coruña el periodista de Oza-Cesuras Pablo L.

Xerais expresa o seu pesar polo falecemento do xornalista e escritor Pablo L. Orosa

A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar as súas condolencias polo falecemento do xornalista e escritor  Pablo L. Orosa (1985-2019), que se produciu esta pasada fin de semana na Coruña. Pablo L. Orosa foi despedido esta tarde nun funeral en Oza dos Ríos en que participaron os seus compañeiros da revista Luzes, á que estaba moi ligado.

Unha novela dunha soa cara e, probablemente, dunha soa lectura: «Fálame do silencio», de Pablo L. Orosa. Anotación de Xesús González en «Biosbardia»

Xesús González Gómez publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre o libro: Fálame do silencio, de Pablo L. Orosa. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.   ‘Fálame do silencio’, de Pablo L. Orosa. Un debut mediano   Recibo a novela de Pablo L.Orosa, Fálame do silencio (Xerais, 2018).

Pablo L. Orosa: «A novela é unha reflexión sobre os silencios como parte do que somos». Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Pablo L. Orosa sobre o libro: Fálame do silencio, publicado por Xerais na colección Narrativa. (Imaxe: Praza Pública). Pablo L. Orosa: “Unha das teimas da novela é reivindicar os nosos espazos como territorio de ficción” A Daniel Gluckmann privárao a súa propia familia, decidindo por el, da memoria do seu avó Manuel.

Unha obra que reivindica o poder da memoria: «Fálame do silencio», de Pablo L. Orosa. Crítica de Montse Pena Presas

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Montse Pena Presas sobre a novela Fálame do silencio, de Pablo L. Orosa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A restauración dunha memoria familiar e social: «Fálame do silencio», de Pablo L. Orosa. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre a novela Fálame do silencio, de Pablo L. Orosa.   Crítica de «Fálame do silencio» (Pablo L. Orosa, Xerais)   O silencio é un muro. O silencio é un muro que te rodea por todas partes. O silencio significa o que non podes coñecer, o que che está prohibido coñecer.

Presentación en Betanzos de “Fálame do silencio” de Pablo L. Orosa

O venres 14 de setembro ás 20:00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, terá lugar a presentación da novela Fálame do silencio de Pablo L. Orosa.

Pablo L. Orosa: «Escollín un xornalista de narrador como unha especie de boia na que apoiarme, porque non tiña nin idea de como escribir esta historia.» Entrevista sobre «Fálame do silencio»

Os xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños publicaron unha entrevista a Pablo L. Orosa sobre a súa primeira novela, Fálame do silencio. A entrevista pode lerse o descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Pablo Orosa: «O meu bisavó foi un deses que foron por tabaco e non volveron.» Entrevista no xornal «El Correo Gallego» sobre «Fálame do silencio»

O xornal El Correo Gallego publica unha entrevista con Pablo L. Orosa sobre a súa primeira novela, Fálame do silencio. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Pablo L. Orosa: «Esta é a historia dunha conversa que nunca chega a producirse, un diálogo a través do silencio e da memoria.» Entrevista en Onda Cero sobre «Fálame do silencio»

O programa A Coruña na Onda de Onda Cero A Coruña emitiu unha entrevista co xornalista e escritor Pablo L. Orosa sobre a súa primeira novela, Fálame do silencio. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón (a partir do minuto 45.15).

Unha novela ambiciosa, de arquitectura sólida, que convida a ir recompoñendo as súas pezas: «Fálame do silencio», de Pablo L. Orosa. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no xornal La Voz de Galicia e no blog Caderno da Crítica unha anotación sobre a novela Fálame do silencio, de Pablo L. Orosa.   Fálame do silencio, de Pablo L. Orosa Fálame do silencio, estrea narrativa do xornalista Pablo L.

Pablo L. Orosa: «Aquí tamén temos xente marabillosa e con vidas tremendamente interesantes para converter as súas historias nunha novela.» Entrevista no «Diario Cultural» sobre «Fálame do silencio»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co xornalista e escritor Pablo L. Orosa sobre a súa primeira novela, Fálame do silencio. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.