Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: paco_martín

Paco Martín, Socio de Honra 2017 de Gálix

Hoxe ás 12, o escritor Paco Martín recibe o nomeamento como Socio de Honra 2017 por parte da xunta directiva de GÁLIX.  A entrega do galardón ten lugar no IES Ánxel Fole de Lugo no transcurso dun acto escolar aberto ao público.  O escritor Xabier P. DoCampo será o encargado de realizar a laudatio.

«De paraguas», de Paco Martín, en Cada día un libro, da TVG

 O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro De paraguas, de Paco Martín, escrito a partir de fotografías de Daniel Puente Bello. O programa pode verse nesta ligazón.

Libro axeitado para ler marabillosamente na terra da chuvia: «De paraguas», de Paco Martín. Crítica de Verónica Pousada

O xornal El Correo Gallego publicou unha crítica de Verónica Pousada Pardo sobre sobre ao libro De paraguas, de Paco Martín, escrito a partir de fotografías de Daniel Puente Bello. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Paco Martín: «Este é un libro sobre persoas, pero cada persoa ten o seu xeito de levar o paraugas»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor Paco Martín, sobre o seu libro de relatos De paraguas, escrito a partir de fotografías de Daniel Puente Bello. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Non o perdan!: «De paraguas», de Paco Martín. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela De paraguas, de Paco Martín, escrito a partir de fotografías de Daniel Puente Bello. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Lugo de “Arquitecturas debuxadas” de Santiago Catalán

O mércores, 14 de decembro, ás 20:00 horas, no salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo, terá lugar a presentación do libro Arquitecturas debuxadas de Santiago Catalán. No acto participarán Paco Martín, Manuel Bragado e Santiago Catalán.

Paco Martín: «Os paraugas din moito da xente, sobre todo se non chove»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Jaureguizar ao escritor Paco Martín sobre o seu libro de relatos De paraguas. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Lugo de “De paraugas” de Paco Martín

O martes, 18 de outubro, ás 19:30 horas, na librería Trama, Avda da Coruña, 21, de Lugo, terá lugar a presentación do libro De paraugas de Paco Martín e ilustrado con fotografía de Daniel Puente Bello. O acto contará coa participación de Xabier P. DoCampo, Xavier Senín, Manuel Bragado, Daniel Puente Bello e Paco Martín.

Historias no país da chuvia: «De paraguas», de Paco Martín. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro de relatos De paraguas, de Paco Martín, escrito a partir de fotografías de Daniel Puente Bello.   De paraugas Paco Martín e Daniel Puente Bello son os artífices deste libro de relatos que publica Xerais: De paraugas presenta a orixinalidade da escritura dos textos a partir das fotografías dun elemento tan importante na nosa cultura como é o paraugas.

Novidade: «De paraguas», de Paco Martín, historias de paraguas escritas a partir de fotografías de Daniel Puente Bello

De paraguas, de Paco Martín, é un libro de relatos escrito a partir de diversas fotografías de Daniel Puente Bello. A imaxe dun ou de varios paraugas, con xente ou sen xente, reclama a nosa atención antes de comezarmos a ler cada unha das historias que encabezan. Non sabemos con seguridade se foi antes a foto ou o relato, pero en realidade tanto ten, porque ambas as dúas cousas se complementan e forman parte dun mesmo acto creador.

Relato a modo de fábula: «A rula, o peluche e a nena», de Paco Martín. Crítica de Isabel Mociño

El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Isabel Mociño sobre A rula, o peluche e a nena, de Paco Martín, ilustrado por Belén Martín Franco. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A voz dun clásico: «A rula, o peluche e a nena», de Paco Martín. Radiocrítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo abordou na sección Radiocrítica de Ames Radio o comentario crítico sobre A rula, o peluche e a nena, de Paco Martín, ilustrado por Belén Martín Franco (18:14).