Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: palabras_brancas

Elvira Riveiro estará mañá sábado no Club de Lectura Lendo Contigo, en Gondomar, con «Palabras brancas»

O libro de poesía infantil PAlAbrAs brAncAs, de Elvira Riveiro, centrará mañá sábado 19 de decembro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza da autora na Biblioteca de Gondomar. O libro está ilustrado por Fino Lorenzo e publicado na colección Merlín.

Elvira Riveiro Tobío: «(R)escribo (en parte) o que me rodea, o que vexo, o que leo, o que ouzo, o que me revolve…»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez á poeta Elvira Riveiro Tobío.   Elvira Riveiro Tobío «(R)escribo (en parte) o que me rodea, o que vexo, o que leo, o que ouzo, o que me revolve…» Elvira Riveiro Tobío (Cerponzóns, Pontevedra 1971). Poeta galega que, tras comezar dende moi nova a escribir versos, comezou publicando a obra Andar ao leu (2005).

Entrevista con Elvira Riveiro Tobío en Parlamento das Letras, de Armando Requeixo

Entrevista con Elvira Riveiro Tobío en Parlamento das Letras, de Armando Requeixo

O blog Criticalia, de Armando Requeixo, publica unha entrevista con Elvira Riveiro Tobío. Reproducimos as primeiras preguntas. A entrevista pode lerse completa aquí.   Parlamento das Letras Elvira Riveiro Tobío Elvira Riveiro Tobío pertence á vella tribo de Cerponzóns, estirpe antiga que en tempos formou parte do moi literario concello de Alba, hoxe anexionado pola veciña Boa Vila.

Finalistas premios AELG2008

Déronse a coñecer hoxe as obras finalistas dos premios AELG as mellores obras literarias do pasado ano 2008. En case todas as categorías son numerosas as obras editadas pola editorial.  Os membros da AELG poderán emitir o seu voto ata o 5 de maio. Literatura infanto-xuvenil (Aelg-Gálix): 1. A Cabeza de Medusa, Marilar Aleixandre 2. Caderno de animalista, Antón Fortes Torres 3. Fume, Antón Fortes Torres 4.

“PAlAbrAs brAncAs”, presentación en Pontevedra

“PAlAbrAs brAncAs”, presentación en Pontevedra

Mañá, xoves, ás 20,00 presentarase na Galería Sargadelos de Pontevedra PAlAbrAs brAncAs o poemario de Elvira Riveiro, ilustrado por Fino Lorenzo e publicado na colección Merlín. O acto está organizado pola asociación Máislibros.