Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: palavra_comum

Primeiro capítulo de «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín, en Palavra Comum

A web Palavra Comum recolleu o primeiro capítulo da novela sobre a novela Non hai outro camiño, de Isaac Xubín. O capítulo pode lerse  nesta ligazón.

Entrevista en vídeo a O Leo en torno ao seu poemario «Hai cu» en Palavra Comum

A revista Palavra Comum publicou unha entrevista en vídeo a O Leo en torno ao seu poemario Hai cu.

Ramón Nicolás: «A literatura e os libros sempre exerceron sobre min algún tipo de atracción dificilmente definible»

A revista Palavra Comum publicou unha entrevista de Ramiro Torres ao escritor Ramón Nicolás sobre a súa novela O espello do mundo.     Entrevista a Ramón Nicolás e fragmento de O espello do mundo – Palavra Comum: Que é para ti a literatura (como crítico e também como criador)? – Ramón Nicolás: A literatura acompáñame, como lectura, desde a infancia e a adolescencia.

Santiago Cortegoso: «Vexo a miña evolución dentro do teatro como unha carreira de fondo»

A revista Palavra Comum publicou unha entrevista de Ramiro Torres ao escritor a Santiago Cortegoso, autor de Raclette, Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais.

Antonio Manuel Fraga: «A literatura é algo que me enche desde que teño memoria, primeiro como lector e despois como autor»

A revista Palavra Comum publicou unha entrevista de Ramiro Torres ao escritor Antonio Manuel Fraga, autor de Tártarus.     Entrevista ao escritor galego Antonio Manuel Fraga – Palavra Comum: Que representa para ti a literatura? – Antonio Manuel Fraga: Representa un intento de comunicación transcendente no que hai moito de vaidade. Se cadra tamén unha rabecha contra a idea da morte, que me obsesiona.

Ramón Caride: «Para min a arte é algo curioso, ou divertido, ou absurdo, pero non me deixa indiferente nunca»

A revista Palavra Comum publicou unha entrevista de Ramiro Torres ao escritor Ramón Caride.   Entrevista a Ramón Caride – Palavra Comum: Que é para ti a literatura? – Ramón Caride: A literatura como actividade é unha parte inseparábel da miña vida. O acto físico de ler ou escribir ocúpame sempre un bo anaco do día.

Francisco Fernández Naval: «Escoitando a miña nai aprendín a contar»

A revista Palavra Comum publicou unha entrevista de Ramiro Torres ao escritor Francisco Fernández Naval.   Entrevista a Francisco X. Fernández Naval Palavra Comum: Que é para ti a literatura? – Francisco X. Fernández Naval: Un xeito de vivir. Non falo dende o punto de vista económico, si vital. Non é só unha paixón, é a vida mesma.

Xabier P. Docampo: «Canto máis sei dunha novela, do seu argumento, da súa trama, máis traballo me custa escribila»

A revista Palavra Comum publicou unha entrevista de Ramiro Torres ao escritor Xabier P. DoCampo.   Entrevista ao escritor galego Xabier P. DoCampo Palavra Comum: Que é para ti a literatura? – Xabier P. DoCampo: Toda a literatura, a que les e a que escribes (que é outra forma de ler: lerte) é “un esforzo por facer real a vida” (Pessoa dixit).

Ledicia Costas: «A literatura axúdame a darlle sentido ao mundo no que vivo». Entrevista de Ramiro Torres

A revista Palavra Comum publicou unha entrevista de Ramiro Torres á escritora Ledicia Costas.   Entrevista à escritora galega Ledicia Costas – Palavra Comum: Que é para ti a literatura? – Ledicia Costas: É difícil contestar esta pregunta sen caer en tópicos ou frases feitas. Toda a miña vida xira arredor da literatura. É unha parte moi importante de min, aquela que me axuda a darlle sentido ao mundo no que vivo.

Elena Gallego Abad: «Preciso realizar un labor de documentación que sustente a súa historia»

A revista Palavra Comum publicou unha entrevista de Ramiro Torres a Elena Gallego sobre a serie Dragal.   Entrevista a Elena Gallego Abad – Palavra Comum: Que é para ti a literatura? – Elena Gallego Abad: Lectora dende que teño memoria, a literatura foi sempre o meu refuxio, un universo de universos no que viaxar, soñar, vivir outras vidas e tempos imposibles.

Antonio Reigosa: «Os individuos somos, por natureza, creadores de arte»

A revista Palavra Comum publicou unha entrevista de Ramiro Torres a Antonio Reigosa.     Entrevista a Antonio Reigosa – Palavra Comum: Que é para ti a oralidade, a literatura popular? – Antonio Reigosa: O que denominamos oralidade é moito máis ca voz e palabras máis ou menos coordenadas ou organizadas nun discurso.