Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: panificadora

Dolores Vilavedra valora «Unha historia que non vou contar» de Cid Cabido

O FRANQUISMO CORRUPTO Cid Cabido consegue en Unha historia que non vou contar aproveitar a fondo o que a priori era só, nin máis nin menos, unha boa historia: o asasinato nos anos 70 dun coñecido empresario da conserva, e as hipotéticas conexións do crime co sonado caso Reace. Como Capote no seu día, Cid tira da realidade historia e personaxes e revélanos unha vez máis (xa o fixera en Panificadora) o potencial literario de Vigo.

Cid Cabido recrea un crime en conserva

Moi completa e interesante a reportaxe de B.R. Sotelino publicada hoxe na edición de Vigo de  La Voz de Galicia sobre a máis recente novela de Cid Cabido, Unha historia que non vou contar. Recollemos varios parágrafos do texto: Se podría decir que la nueva novela de Cid Cabido es la historia de un crimen en conserva.

«”Unha historia que non vou contar”: unha novela cen por cen viguesa»

METAFICCIÓN. UN RICO TERRITORIO A estas alturas da sesión non resulta novidoso para ninguén,achegado as nosas letras,nin desacougante para o mesmo autor,a constatación de que Cid Cabido é seguramente o narrador máis singular, insólito e inclasificable do sistema literario galego.